Pequeno país

PETIT  PAYS  de    ERIC    BARBIER


(PEQUENO PAÍS)
FRANCIA 2020; 112' V.O.S.C.    









PREMIO AO MELLOR FILME NO BARCELONA-SANT JORDI INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021

 

 


SINOPSE

Un pequeno de dez anos vive nun barrio de expatriados en Burundi. Vive sen preocupación xunto os seus amigos e a súa irmán máis moza. De repente, estoupa un conflito no país veciño, Ruanda. O peligro chegará de xeito inesperado as súas vidas.


 


ERIC   BARBIER

Realizador, actor, guionista francés, nado no 1960. Estuda na Escola Nacional de Cine (IHDEC) e dirixe moi cedo as súas primeiras curtametraxes, La Malediction de Saint Merry (1980), Sanghaï (1981) e La Face Perdue (1982). Durante este periodo traballou como asistente de dirección de Howard Guard e Tony Scott en publicidade. No 1985, acada o premio Victor Hugo, o que lle permite dirixir a súa primeira longametraxe Le brasier, a maior produción francesa de 1990, que amosa a vida dos inmigrantes polacos nas minas de carbón do norte de Francia nos anos 30, filme que acada o premio Jean Vigo. No 1993 dirixe Les années lycée, un especial para TV sobre o 1968 en París. No 1995 marcha co Ministerio de Cultura e Cooperación de Francia para traballar en catro filmes dirixidos por estudantes libaneses. No 1995 dirixe o filme Toreros. No 2006 roda The snake, no 2014 The last diamond, e no 2017 Promise at dawn.

Este é o seu último traballo para o cine, aínda que continúa dirixindo anuncios publicitarios.




Enlaces sobre o filme: 


Ghosts

HAYALETLER de  AZRA   DENIZ   OKYAY


(GHOSTS)

TURQUIA  2020;  90'  V.O.S.C.








             

                


PREMIO DA SEMANA DA CRÍTICA Á DIRECTORA EN VENECIA EN 2020.
PREMIO AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECTORA, MELLOR MONTAXE E MELLOR ELENCO ACTORAL PARA NALAN KURUCIM, NEZAKET ERDEN E INSALAR IKIYE AYRILLIR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ANTALYA 2020
PREMIO FIPRESCI DO XURADO MOZO AO MELLOR FILME NOVEL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VARSOVIA 2020.
PREMIO Á DIRECTORA POLOS VALORES HUMÁNS E PREMIO WIFT NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TESALONIKA 2020
PREMIO OFCS DA ASOCIACIÓN DOS CRÍTICOS DE CINE ONLINE 2021

 

 


SINOPSE

Percorrido polas rúas de Estambul nas horas previas a un apagón da man de tres mulleres: unha moza afecioada ao baile, unha activista feminista e unha muller cun fillo no cárcere. Unha cidade en vías de xentrificación que apenas deixa sitio. O pulso e a urxencia do día remata por facer confluír esas vidas cruzadas nunha dudosa operación de tráfico de drogas. O ritmo incesante e o carisma das personaxes completan o mosaico do filme.





AZRA DENIZ OKYAY

Realizadora, actriz, montadora, produtora, compositora e guionista nada no 1983 en Estambul. Tras rematar a secundaria trasládase a París para estudar cine na Sorbona, onde se gradua e cursa un Máster. Traballa en Partizan, a produtora de Michel Gondry. Volve a Turquía no 2010, onde convírtese na primeira muller directora dunha produtora publicitaria en Estambul. Ten realizado varias curtametraxes e videoclips, e os seus traballos de videoarte se veñen exhibindo en diversas mostras e galerías.

Esta é a súa ópera prima para o cine e o seu último traballo.


                 


Enlaces sobre o filme: 

Abou Leila

ABOU LEILA de  AMIN SIDI-BOUMÉDIÈNE

(ABOU LEILA)

ALXERIA   2019;  135'   V.O.S.C.





                       







PREMIO DA CRÍTICA AO FILME NO D'A FILM FESTIVAL BARCELONA 2020
PREMIO GÉRARD FROT-COUTAZ AO FILME NO ENTREVUES FILM FESTIVAL 2020
PREMIO SILVER MÉLIÈS AO FILME NO NEUCHÂTEL INTERNATIONAL FANTASTIC FILM FESTIVAL 2019
PREMIO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE SEVILLA (SECCIÓN NOVAS VAGAS) 2019

                       

 


SINOPSE

Dous policias amigos dende a infancia viaxan polo deserto na busca de Abou Leila, un perigoso terrorista culpabel de numerosas mortes e prófugo da xustiza. Canto máis se adentran no deserto achergándose ó criminal, máis grande será a confrontación de violencia na que se verán envoltos.

 

 

 

AMIN SIDI-BOUMÉDIÈNE

Realizador, guionista e montador. Estuda química antes de iniciar os  seus estudos en cine. No 2005, gradúase como realizador de cine no Conservatorio Libre de Cine Francés (CLCF), en París. Volve a Algeria en 2008 onde iníciase na profesión como asistente de dirección. No 2010 dirixe a primeira curtametraxe Demain, Alger?, producida por Thala Films, coa que participa en festivales de todo o mundo. A seguínte foi  The Island (2012), coa que acadou varios premios. 

Con este filme debuta na longametraxe, é tamén o seu último traballo.






Enlaces sobre o filme: 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger