Solución num.1 - O viaxeiro

Solución núm. 1  1978 | 11 min

O viaxeiro 1974 | 74 min

IRÁN;    85’    V.O.S.C.


      








“Solución núm. 1” 1978 | 11 min


Sinopse
Rodada nunha espectacular paisaxe de montaña ao norte de Teherán, amósanos a un mozo cunha roda xunto á estrada agardando que alguén o leve. Tras varios intentos frustrados, colle a roda e faina rodar montaña abaixo.
Asistimos a un traxecto visual lírico acompañado dunha partitura gloriosa.




“O viaxeiro” 1974 | 74 min

Sinopse
Mergullamos nas luces e sombras da infancia no Irán do Sha de Persia con este relato futbolístico. Pese a estar castigado por non estudar, Qasem pasa todo o día xogando ao fútbol. Cando descobre que o equipo nacional xogará en Teherán, decide aforrar para a entrada e o billete de bus e ir.

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger