REBELLE
(REBELDE -WAR WITCH-)
CANADÁ 2012; 90 minutos COR V.O.S.C.
SINOPSE
Nalgún lugar da África subsahariana, nunha pequena e arredada aldea, Komona, unha nena de doce anos, vive pacificamente cos seus pais, até que un día é secuestrada polo exército rebelde e vese obrigada a combater como nena soldado. Pola súa capacidade para salvarse, a nomean “meiga da guerra”. A súa única saída asemella que sería casar co seu amigo Mago, un mozo albino de quince anos.
* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR FILME, MELLOR ACTRIZ, MELLOR ACTOR DE REPARTO, MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR DIRECTOR ARTÍSTICO, MELLOR MONTAXE E MELLOR SON, DA ASOCIACIÓN DOS CRÍTICOS DE CINE DE QUÉBEC, NA GALA DA PANTALLA DO CINE CANADIENSE, E NOS PREMIOS JUTRA, 2013
*PREMIO NOVAS VISIÓNS, AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SITGES, 2012
*PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, RACHEL MWANZA , E MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TRIBECA, 2012
*PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CAMBRIDGE, 2012
KIM NGUYEN
Guionista, realizador, fotógrafo e produtor nado en Montreal no 1974. Estuda na Universidade Concordia e remata a licenciatura cun máster en fotografía na Universidade de Montreal. Fascinado cos guións de cine estréase como guionista mentres dá a coñecer o seu traballo como fotógrafo dixital traballando nestes ámbitos para o para o Instituto de Creation Artistique e Infografía (ICARI) en Montreal.
Funda a súa propia compañía, Shen Studios, o que lle dá liberdade para profundar en técnicas de imaxe e postprodución. Iníciase profesionalmente con dúas curtametraxes, La route (1999) e Soleil glacé (2000). Le marais (2002), é a súa primeira longametraxe. No 2008, escribe e produce Truffe, unha comedia negra centrada no quecemento global. Con ela acada varios premios en festivais internacionais de cine. O seguinte filme foi La Cité (2010), rodado no deserto tunisiano.
Este é o seu último traballo.
ficha técnica
Dirección
e guión: Kim Nguyen
Montaxe: Richard Comeau
Fotografía:
Nicolas Bolduc
ficha artística
Rachel Mwanza
Alain Bastien
Serge Kanyinda
