Entreparadas

«ENTREPARADAS» (ENTREPARADAS)
España, 2013
VO. COR • 70 min.


SINOPSE


Cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. A longametraxe fixa a súa mirada en Xosé, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outras persoas voluntarias).
Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada das mans deste grupo de artistas.

TOÑO CHOUZA

Guionista, editor, produtor e realizador nado en Vigo. Licenciado en Filoloxía Hispánica na Universidade de Compostela e Diplomado en Dirección de Cine na ESCAC (Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña). Ten traballado como docente, e asistido como alumno en diferentes obradoiros de cine. Asemade, ten traballado como xurado e programador en varios festivais de cine. As súas curtametraxes A mañá (2010), e Sola (2012), acadaron diversos premios en festivais internacionais de cine. Con este filme debuta na longametraxe. É o seu último traballo.

Aquí podedes ollar o tráiler: http://www.youtube.com/watch?v=0kaZj8R7P0g
e tamén en http://documenta.fundaciontelefonica.com/buscador/Entreparadas

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger