O LADRÓN

DER RÄUBER

(O LADRÓN)
ALEMAÑA/AUSTRIA 






-PREMIO AO MELLOR GUIÓN BENJAMIN HEISENBERG E MARTIN PRINZ, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2010

-PREMIO AO MELLOR DIRECTOR MOZO NOS PREMIOS DO CINE BÁVARO, 2010

-PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, MELLOR ACTOR, ANDREAS LUST E MELLOR SON, NOS PREMIOS DO CINE AUSTRÍACO, 2011

SINOPSE

Filme filmado en Viena, baseado en feitos reais sobre o ladrón e atleta austríaco Johann Kastenberger, e na novela do autor austríaco Martin Prinz. 


Tras pasar os seus últimos días no cárcere preparándose como un gran atleta, ao saír preséntase ós diferentes campeonatos nacionais no seu país, onde aparece como a gran revelación local. Unha misteriosa forza, e unha gran capacidade de sacrificio, pero de onde sae esa superación é un misterio. Mentres pasa inadvertido na a súa reintregración social, aproveita a boa forma para seguir coa actividade anterior, roubar bancos.



BENJAMIN HEISENBERG


Actor, montador, produtor, guionista e realizador alemán nado en 1974. Discípulo aventaxado da escola berlinesa, inicia a súa carreira cinematográfica tras cursar a licenciatura de Belas Artes. Os seus primeiros traballos en vídeo derivaron en curtametraxes e, tras rematar seus estudos de dirección na escola de cine de Munich en 2005, debuta na longametraxe con Schlafer, filme seleccionado na sección Unha Certa Ollada do Festival Internacional de Cannes. 

Director sobrio, comedido e máis interesado nos silencios que nas palabras, aposta por unha narración de forte carácter xermano, sen obviar o seu estilo persoal, patente en todos os seus traballos. O guión de Über-Ich und Du (2014), é o seu ultimo traballo


podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=ew4SCpk2VPU

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger