THE EDUCATION OF AUMA OBAMA
(A EDUCACIÓN DE AUMA OBAMA)
ALEMAÑA/NIXERIA 2011
PREMIO AO MELLOR FILME DA ACADEMIA DO CINE AFRICANO, 2012
FILME GAÑADOR NOS ANXOS PAN AFRICAN FILM FESTIVAL, 2012
PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL DE DOCUMENTAIS FOUNDERS, 2011
SINOPSE
Este documental achéganos á vida e contorno da media irmá de Barack Obama, contado dende a súa residencia en Kenya durante a campaña electoral de 2008 nos EE UU. Auma encarna a muller poscolonial e feminista no seu país natal. O filme amosa tamén a unha xeración de africanos comprometidos política e socialmente, cuxas aspiracións están baseadas na experiencia do seu país e que esperan construír un futuro mellor empezando dende cero.
BRANWEN OKPAKO
Directora, guionista, montadora, produtora e fotógrafa nada en 1969, en Lagos, Nixeria. Iníciase en 1995, coa curtametraxe Landing. No 1998, filma outra curtametraxe, Love Love Liebe. No 2000, dirixe un filme para a televisión Dreckfresser. No 2003, debuta na longametraxe con Tal der Ahnungslosen.
O seu último traballo na dirección é a curtametraxe Curse of Medea (2014)
