LOW TIDE
(MAREA BAIXA)
USA/ITALIA/BÉLXICA 2012

PREMIO ESPCIAL DA FUNDACIÓN CHRISTOPHER D. SMITHERS, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VENECIA, 2012
SINOPSE
Un neno e a súa nai, solteira, viven vidas paralelas. El pasa os días só, mentres ela traballa e sae coas amizades. A soidade do rapaz é unha fonte de liberdade, pero tamén de tristeza. As súas exploracións sacan lentamente á luz os escuros contrastes que existen entre as regras sociais e as leis da natureza.
ROBERTO MINERVINI
Guionista, realizador, produtor e montador italiano. Cursou estudos na New School University, de Nova York, e de Historia do Cine na Universidade Autónoma de Madrid.
Iníciase profesionalmente coas curtametraxes, Voodoo Doll, Come to Daddy, Notes (2005), As bacalouras (2006). Este filme forma parte dunha triloxía sobre Texas coa que debuta na longametraxe, The Passage (2011), foi a primeira, e a remata co seu último traballo Stop the Pounding Heart (2013), aínda sen estrear no noso país.
Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch? v=pUW-wJmPtOc