JAUJA
(JAUJA)
ARXENTINA/FRANCIA/USA/DINAMARCA 2014
PREMIO FIPRESCI AO MELLOR DIRECTOR, NA SECCIÓN UNHA CERTA MIRADA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CANNES, 2014
MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE GHENT, 2014
PREMIO COLÓN DE PRATA Á MELLOR FOTOGRAFÍA, NO FESTIVAL DE CINE LATINOAMERICANO DE HUELVA , 2014
SINOPSE
Na antigüidade, se críase que Jauja era unha terra mitolóxica de abundancia e felicidade. Emprendéronse moitas expedicións para tratar de atopar o lugar e comprobalo. Co tempo, a lenda medrou de xeito desproporcionado. É probable que a xente esaxerara, como é costume. O único que se sabe con seguridade é que todos aqueles que intentaron atopar este paraíso terrenal perdéronse.
LISANDRO ALONSO
Director, guionista, montador, produtor, director de arte e técnico de son
nado en 1975, en Bos Aires. Estuda na Fundación Universidade do Cine (FUC). Traballa como produtor de cine e axudante de dirección antes de pasar á dirección. O seu traballo inscríbese dentro do chamado cine independente cuxa construción se apoia nun ritmo emocional, de carácter intimista.
As secuencias, con planos fixos e mantidos, permiten participar ao espectador a través da emoción e recoñecer a identidade humana das personaxes. O ritmo e as imaxes dos seus filmes rozan as técnicas documentais. A paisaxe, interior ou exterior, é un elemento máis no seu traballo. As personaxes vagan por o espazo proposto por o cineasta na busca do sentido das súas vidas.
Iníciase como realizador coa curtametraxe Dous na vereda (1995). Logo viñeron as longametraxes A liberdade (2001), Os mortos (2004), Fantasma (2006), Liverpool (2008).
Este é o seu último traballo
Podedes ollar entrevista co director e Viggo Mortensen máis o tráiler do filme en:
