Meus fillos



DANCING ARABS 

(MEUS FILLOS)
ISRAEL 2014




SINOPSE
Un mozo palestino nado na cidade de Tira a mediados dos anos setenta acada una bolsa nun exclusivo e afamado colexio xudeu en Xerusalén. É o primeiro árabe que estuda alí, así que trata de encaixar con todo o que pode entre os seus compañeiros e coa nova sociedade. Malia o seu esforzo non acada a aceptación desexada. Cegado pola ambición entende que terá que tomar unha decisión que pode mudar a súa vida para sempre.

ERAN RIKLIS
Guionista, produtor, fotógrafo, actor e director nado en Xerusalén en 1954. 
Iníciase profesionalmente no cine en 1975. Ten dirixido e producido numerosos telefilmes, series de éxito e documentais.; Creceu entre Estados Unidos, Canadá e Brasil. É graduado en Cine pola Escola Nacional de Cine de Beaconsfield, Inglaterra, en 1982. Debuta na longametraxe con On a clear day you can see Damascus (1984), “thriller” político baseado nunha historia real. Sete anos máis tarde filma Cup final, valorada pola crítica internacional e seleccionada para varios festivais. No ano 1993 realiza Zohar, co que acada un inmenso impacto en Israel. Con Vulcan junction (1999), fai unha homenaxe ao rock and roll, antes de filmar A noiva siria (2004). Logo viñeron Os limoeiros (2008), A viaxe do director de recursos humáns (2009), Playoff (2011). Zaytoun (2012).
Love Letters to Cinema (2014), unha curtametraxe, é, até o momento, o seu último traballo na dirección

Podedes ollar o tráiler do filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger