STARRED UP
(CONVICTO)
REINO UNIDO 2013
PREMIO DA AUDIENCIA E MENCIÓN ESPECIAL DA PRENSA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LES ARCS, 2013
PREMIO MELLOR DISEÑO DE SON, NOS PREMIOS DO CINE EUROPEO, 2014
PREMIO NATIONAL BOARD OF REVIEW, AO MELLOR ACTOR REVELACIÓN, JACK O CONNELL, 2014
PREMIO AO MELLOR ACTOR REVELACIÓN, JACK OCONNELL, DOS CRÍTICOS DE CINE DE CHICAGO, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME NOS PREMIOS BAFTA DE ESCOCIA, 2014
SINOPSE
Un adolescente violento e con problemas sociais é transferido a toda présa a unha prisión para adultos. Alí convértese no candidato ideal para a rehabilitación. É admitido nun programa de control da ira dirixido polo terapeuta da prisión que tratará de axudalo, ao tempo que se axuda a si mesmo.
DAVID MACKENZIE
Guionista, realizador e produtor escocés nado no 1966. Saltou ao panorama internacional tras o filme Adam Young (2003), unha adaptación da novela de Alexander Trocchi; logo viñeron, Asylum (2005) e Hallam Foe (2007). Debuta en Hollywood con Spread (2009). Posteriormente, regresa a Escocia para dirixir Perfect Sense e You Instead (2011).
Xunto a Gillian Berrie monta a produtora Sigma Films que, ademais de producir filmes propios, traballaron con directores como Andrea Arnold en Red Road ou Lars von Trier en Dogville, así como na creación da produción e postprodución das instalacións de cine da cidade de Glasgow
O seu último traballo aínda sen estrear é Comancheria.
Podedes ollar entrevista co director e tráiler do filme:
