ROARING ABYSS
(ABISMO RUXENTE)
R.U./ETIOPÍA/ESPAÑA 2015; 86' V.O.S.C.
SINOPSE
Nos bares e locais de música de Addis Abeba atópase unha escena musical moi peculiar, pero máis aló existen preto de cen culturas e nacionalidades espalladas ao longo das montañas, desertos e bosques de Etiopía. Na actualidade, moitos dos instrumentos musicais tradicionais de Etiopía teñen sido substituídos por teclados electrónicos, quedando a maior parte das bandas locais reducidas a unha ou un cantante acompañado de bases rítmicas e melódicas, pero aínda quedan algúns músicos ao redor do país tocando a música que aprenderon dos seus antergos; instrumentos como o krar, washent, masinko ou o kebero, seguen soando nesta terra chea de contrastes.
QUINO PIÑERO
Realizador, técnico de son, guionista, actor, produtor e montador. Dende idade temperá inicia unha vida nómade, sempre coa súa cámara e grabadora de son as costas, de aí o marcado selo de viaxe sonoro que caracteriza os seus traballos tanto musicais como audiovisuais.
Ten traballado como técnico de son e produtor musical con músicos como La Urss (Andalucía 2006), Alkibar Junior (Malí 2007) Orchestra Elastique (Londres 2012) e Mulatu Astatke (Addis Abeba 2013). No 2011 recompila horas de material audiovisual almacenado durante os anos de produtor musical e investigación en África Occidental, resultando nesta primeira montaxe documental: Le Message du Issa Ber (East End Festival 2011). Dende 2012 traballa como técnico de son en diferentes rodaxes e montaxes.
Con este filme debuta na dirección. Na actualidade está involucrado nun proxecto documental musical colaborando con The Nile Project en África do Leste, asemade realiza como freelance traballos sonoros e videográficos.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
