Atlántida (2013)
de Inés María Barrionuevo
*Contaremos coa presenza da actriz Melissa Romero que virá a presentar o filme e charlar coa xente que asista á proxección
Premios
Competencia oficial en el BAFICI.
Selección na Sección Xeración do Festival de Berlín.
Mención Especial do Xurado na Competencia Internacional da 26 edición do Festival de Cine Latino de Toulouse, en Francia.
Sinopse
Filme que narra o tránsito á madurez de dúas irmás no verán de 1987, cando pasan uns días sen os pais nunha pequena vila cordobesa. Sufocadas polo clima atopan, cada unha dun xeito distinto, o espazo para experimentar as vivencias propias do acceso ao mundo adulto.
É un traballo que nace do interese da directora por tratar o tema da adolescencia e recuperar o marco onde pasou a súa mocidade. Dende o cotián, Barrionuevo elabora un relato, no que en aparencia, non pasa nada, pero que contén toda a tensión e as gañas de vivir da adolescencia.

Inés María Barrionuevo
Directora, actriz e guionista nada en Córdoba en 1980. Licenciada en Ciencias da Comunicación na Universidade Nacional. Escrebe e dirixe as curtametraxes Pic-nic (2005) e A quietude (2012), na que tamén ten un pequeno papel, foi seleccionada no Festival Internacional de Cine de Locarno. Máis tarde traballa en televisión dirixindo a serie Collage (2013).
Debuta na longametraxe con este filme.
Melissa Romero
Actriz e directora teatral nada en Sant´ Elpidio a Mare, Italia, en 1990. No 1993 a súa familia regresa a Córdoba, alí estuda na Universidade Nacional e despois marcha a Bos Aires, onde continúa a súa formación en canto, música e interpretación. Iníciase profesionalmente en Córdoba, coa compañía La ilusa teatro, actuando entre outras obras en Hic et Nunc, de Patricia Zángaro, e Maté a un tipo, de Daniel Dalmaroni; e rodando curtas e videoclips con Crocante Producións. En Bos Aires colabora coa compañía La sudestada en O castigo sen vinganza de Lope de Vega, coa que asiste ao 34 Festival Internacional de Teatro clásico de Almagro (2011).
Actualmente reside en Madrid e continúa a súa formación en La Central de Cine e no Estudio Juan Codina.
Con este filme debuta na longametraxe.