Felices soños


FAI  BEI  SOGNI   (FELICES SOÑOS)   

ITALIA 2016; 134 ’ V.O.S.C.

 

 



-PREMIO ICS, DA ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE CINEFILIA, 2016

SINOPSE

Filme baseado na novela autobiográfica de Massimo Gramellini. Turín, 1969. Massimo, un mozo de nove anos que vive feliz coa súa nai, unha muller agarimosa, pero psicolóxicamente inestable. Unha mañán, el marcha a pasar uns días na casa duns veciños onde lle explican que a nai faleceu. Crece sen ter coñecido as causas da norte e sen entablar relación co seu pai. Trinta anos máis tarde, convertido nun reputado escritor e periodista, comeza a sofrir unha serie de ataques de pánico.

MARCO BELLOCCHIO

Director, guionista, montador e produtor nado en 1939 en Bobbio, provincia de Piacenza. Dende a primaria tivo interés por o mundo do cine. En 1959, ingresa no Centro Experimental da Cinematografía baixo a dirección de Andrea Camilleri. No ano 1962, se convirte en director de cine. Posteriormente se traslada a Londres para seguir cos seus estudos cinematográficos. Tras realizar documentais nos años 60, debuta na longametraxe de ficción con As mans nos petos (1965), na que fai unha dura crítica á institución familiar. Director tamén doutras sátiras mordaces á Igresa católica No nome do Pai (1971), e ao exército Marcha triunfal (1976). Baixo a influencia do psicoanálise dirixe La visione del Sabba (1987).

No 2006, preséntase como candidato do partido Rosa nel Pugno a diputado nas eleccións nacionais, abandonando o seu apoio ao Partido Comunista para dallo á coalicción socialista.

No 2011, foi galardoado co León de Ouro por a súa traxectoria na exposición internacional de arte de Venecia.

Pagliacci, unha curtametraxe é o seu último traballo como director.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

http://www.elcineenlasombra.com/felices-suenos-2016-critica/

http://cultura.elpais.com/cultura/2017/02/09/actualidad/1486647141_876012.html

http://www.filmaffinity.com/es/film325392.html

http://elpalomitron.com/felices-suenos/

https://www.youtube.com/watch?v=R_p6eCTsiYE

https://www.youtube.com/watch?v=GuZfrFtgXjs

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger