GIRL ASLEEP de ROSEMARY MYERS
(A MOZA DURMIDA)
AUSTRALIA 2015; 77’ V.O.S.C.
FESTIVAL DE ADELAIDA 2015, PREMIO DO PÚBLICO
PREMIOS DA ACADEMIA AUSTRALIANA 2016, MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO
FESTIVAL DE MELBOURNE 2016, MELLOR FILME
FESTIVAL DE SEATTLE 2016, MELLOR FILME, GRAN PREMIO DO XURADO
INSTITUTO AUSTRALIANO DE CINE 2017, MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO
SINOPSE
Finais dos anos 70. Final da infancia para Greta, a piques de cumprir quince anos, non remata de integrarse na nova escola. Mentres a nai prepara a súa festa de aniversario, ela séntese cada vez máis acosada por todos: pola súa irmá máis vella, polo resto da clase e mesmo polo seu único amigo, o excéntrico Elliott.
ROSEMARY MYERS
Realizadora e produtora.
Este filme é a adaptación dunha obra de teatro escrita por Matthew Whittet, e que forma parte dunha triloxía de historias de mocidade xunto a Fugitive (2010), e School Dance (2012). Todas elas creadas e levadas á escena no Teatro Widmill de Adelaida (Australia), onde a cineasta era directora artística. Traballos con potentes ritos adolescentes na complexa viaxe da infancia á madurez. No 2012, a directora e o guionista foron invitados a participar en Hive Fund, unha iniciativa única de financiamento do Festival de Cine de Adelaida que prove a artistas creativos de calquera disciplina explorar no mundo do cine. Este foi o resultado. A directora dixo deste traballo, “todas e todos os adolescentes intérnanse nun bosque, algúns o atravesan e aparecen por outro lado. Outros pasan por duros tempos facendo o seu camiño polo bosque na súa mocidade, e os últimos entran no bosque e non saen nunca máis”.
Supón o seu debut no cine como realizadora. É o seu último traballo.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://www.cinemaldito.com/la-chica-dormida-rosemary-myers/
http://www.filmaffinity.com/es/film518559.html
http://cine-invisible.blogs.fotogramas.es/2017/04/27/la-chica-dormida-girl-asleep-y-paris-pieds-nus-australia-y-francia-2016/
http://cultura.elpais.com/cultura/2017/04/27/actualidad/1493246994_632978.html
https://www.youtube.com/watch?v=sKl9t1GnehI
