LEAN ON PETE de ANDREW HAIGH
(LEAN ON PETE)
R.U. 2017; 121’ V.O.S.C.
2018: PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO HEARTLAND FILM
2017: PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA DA ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE CINE
2017: PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA DA ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE CINE
2017: PREMIO AO MELLOR ACTOR, CHARLIE PLUMMER, Á MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR BANDA SONORA E MELLOR GUIÓN NO LES ARCS EUROPEAN FILM FESTIVAL 2017
2017: PREMIO MARCELLO MASTROIANNI AO MELLOR ACTOR MOZO, CHARLIE PLUMMER, NO VENICE FILM FESTIVAL 2017
2017: PREMIO MARCELLO MASTROIANNI AO MELLOR ACTOR MOZO, CHARLIE PLUMMER, NO VENICE FILM FESTIVAL 2017
SINOPSE
Baseada na novela homónima de Willy Vlautin.
Un adolescente queda só ao falecer o seu pai e decide iniciar unha viaxe xunto a un cabalo de carreiras roubado. Agarda atopar a súa tía, da cal non sabe nada dende hai tempo.
ANDREW HAIGH
Guionista, realizador, montador, produtor e fotógrafo nado en 1973 en Harrogate, North Yorkshire, UK. Iníciase na profesión traballando na montaxe de filmes como Gladiador e Black Hawk Derrivado, antes de debutar como escritor e director na curtametraxe Oil. No 2009 debuta na longametraxe con Greek Pete, ambientada en Londres e centrada na prostitución masculina e que foi presentada no London Lesbian and Gay Film Festival, onde acadou o Premio do Artistic Achievement Outfest en 2009. O seguinte traballo foi Weekend (2011), sobre unha relación de fin de semana entre dous homes, acadando tamén numerosos premios nos diferentes festivais de cine nos que foi presentada. A terceira longametraxe foi
45 anos (2015).
45 anos (2015).
The North Water, unha serie para a televisión é o seu ultimo traballo.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
