Triomf

 TRIOMF
 (TRIOMF )    de    MICHAEL   RAEBURN
SURÁFRICA/FRANCIA/R.U. 2008; 97’ V.O.S.C.







PREMIO SIGNIS NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE AMIENS, 2008



SINOPSE
Baseado na novela de Marlene van Niekerk, sobre unha familia branca e pobre nun barrio ruinoso de Johannesburgo. A familia Benade comparte unha casa decrépita. Preocupados polos resultados das eleccións, planean fuxir ao Norte do país.



MICHAEL RAEBURN
Director, guionista, produtor e fotógrafo nado no Cairo en 1948, aínda que máis tarde se converte en cidadán zimbabuense. Agora, por razóns políticas, é cidadán surafricano. Estuda Literatura Francesa na Universidade de Londres. O seu traballo experimental e documental destaca como innovador e único. Durante case catro décadas ten loitado arreo por ser unha voz libre e independente dentro dun mundo cada vez máis homoxeneizado. O seu tema principal é a sensación de alienación, frustración e ira, que sente un grupo social que ten sido illado e reprimido por un meirande e poderoso. A violencia, a furia, e incluso a loucura, son os resultados inevitables.
Iníciase profesionalmente coa curtametraxe Rhodesia Countdown (1969). Logo viñeron, The plastic shamrock (1973), Le mouvement mouvement (1975), This game of old (1975), o documental Beyond the Plains Where Man Born (1976), Au-delà des plaines où l’homme est né (1977), Requiem pour un village (1978), Dimanche, doux dimanche (1980), The grass is singing (1981), Under african skies (1990), Jit (1991), Vent de colère (1998), Home sweet home (1999).
Este é o seu último traballo.


 Aí van algúns enlaces sobre o filme: 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger