Braguino


BRAGUINO   de   CLÉMENT  COGITORE
(BRAGUINO) 
FRANCIA    2017;   48’   V.O.S.C.







PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL DE MOSCOVA 2018
2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO ZABALTEGUI TABAKALERA


SINOPSE
No medio da taiga siberiana viven dúas familias: os Braguine e os Kiline. Ningunha estrada chega até alí, o único xeito é unha longa viaxe a través do río Ienissei, primeiro en barco, despois en helicóptero. Autosuficientes, ambas as dúas familias viven segundo as súas propias normas. Na vila hai unha  barreira, no río asenta unha illa na que se está construíndo outra comunidade: a dos nenos. Libres, impredicibles, salvaxes.
CLÉMENT  COGITORE
Director, actor, guionista, artista, montador, produtor e fotógrafo francés nado en  1983 en Colmar. Tras estudar na Escola Superior de Artes Decorativas en Estrasburgo e no Fresnoy National Studio de Arte Contemporáneo, produce Chroniques, unha curtametraxe galardoada no 2006  co Gran Premio no Festival Entrevues de Belfort. No 2007 participa coa curtametraxe Visités no Festival de Locarno. No 2010 con  Among Us, acada o Premio ao Mellor Director Novel. No 2011, acada o Gran Premio como vídeo artista  no Salon de Montrouge. Dende 2011, o seu traballo ten  sido obxecto de exposicións individuais e proxeccións monográficas (Palais de Tokyo, Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Estrasburgo, Centro Europeo de Accións de Arte Contemporánea...) e colectivas (Centre Georges Pompidou-Paris, Eyebeam, Art + Technology Center, Nova York, Haus der Kulturen der Welt-Berlin,Kunsthalle-Basel, MoMA, NovaYork...). No 2015, acada o premio BAL para artistas mozos, logo o  premio Science Po para arte contemporánea,  e no 2016 o Premio da Fundación Ricard de Arte Contemporánea. Debuta na longametraxe con Ni le ciel ni la terre (2015), seleccionada na Semana da Crítica de Cannes, e premidada co  Premio da Fundación Gan , e no 2016 co Premio á Mellor estrea francesa, outorgado pola Unión Francesa de Críticos de Cine. A curtametraxe Les Indes galantes (2018),
é o seu último traballo como director. 

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger