O bailarín

THE  WHITE  CROW    de   Ralph   Fiennes
(O  BAILARÍN)
R.U.      2018;     127'    V.O.S.C.














SINOPSE

Baseado na novela de Julie Kavanagh, o filme narra a vida do bailarín Rudolf Nureyev, cando sae de viaxe por primeira vez fóra da Unión Soviética como membro da prestixiosa Kirov Ballet Company. Aínda que a KGB segue os seus pasos, e a pesares do gran risco que supoñía entón a deserción,  fuxe, e toma unha decisión que muda a súa vida para sempre.
                  

                                                                   



RALPH  FIENNES

Guionista,  produtor e realizador nado 1962 en Suffolk, (Inglaterra - Reino Unido). Fillo dunha escritora e dun fotógrafo, é o maior de seis irmáns. Estuda interpretación na Real Academia de Arte Dramático de Londres tras rexeitar o seu primeiro obxectivo profesional de convertirse en pintor, de feito, tiña iniciado estudos de pintura na Universidade de Belas Artes de Chelsea.

A finais dos anos 80 debuta no teatro actuando nas compañías Royal National Theatre e Royal Shakespeare Company. Despois iníciase no cine cunha adaptación da novela de Emily Brönte, Cumbres Borrascosas (1992), dirixida por Peter Kosminski.  Salta á fama internacional polo seu traballo no filme de Steven Spielberg A lista de Schindler (1993), co que foi nomeado ao Oscar por primeira vez na categoría de mellor actor secundario, feito que repetiría, como actor principal, no O doente inglés (1996).
Actor de títulos tan coñecidos como Quiz Show (1994), Spider (2002), O dragón vermello (2002), O xardiñero fiel (2005), entre outros. 

Na dirección debuta con Coriolanus (2011). Logo rodou A muller invisibel (2013).

Este é o seu último traballo como director. 





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger