THE JUNIPER TREE de NIETZCHKA KEENE
(CANDO FOMOS MEIGAS)
ISLANDIA 1990; 78' V.O.S.C.
PREMIO DO PÚBLICO NO
FESTIVAL DE FILMES DE MULLERES EN 1990 E
MELLOR ÓPERA PRIMA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TROIA (PORTUGAL)
EN 1991.
SINOPSE
Baseado nun conto dos Irmáns Grimm.
A finais da Idade Media, a moza Margit e a súa irmán maior Katla, fuxen
ás montanas trala morte da nai, queimada por bruxería. Atopan refuxio cun viuvo que vive co seu fillo
pequeno.
NIETZCHKA KEENE
Realizadora,
guionista, montadora e produtora nada en 1952 cerca de Boston,
Massachusetts. Licenciada en Lingüística Xermánica no 1975, en Amherst
e, catro anos despois, un máster en produción cinematográfica na UCLA.
Na a súa estancia na UCLA traballa como asistente de investigación no
departamento de linguas nórdicas antigas e lingüística, dedicado ás
primeiras testemuñas escritas en lingua escandinava medieval. Iníciase
na industria do cine como montadora e, ocasionalmente, como
proxeccionista. Durante eses anos realiza tres curtametraxes. No 1986,
acada unha bolsa do Programa Fulbright para investigar en Islandia e
preparar a produción desta longametraxe. Tras realizar a curtametraxe,
Aves (1994), inicia a rodaxe de Heroine of Hell, (1996), longametraxe
na que mestura a iconografía medieval cunha historia moderna. No 1995, traballa como profesora de cine na Universidade de Wisconsin-Madison, aínda que sigue rodando, Belle, inspirada na historia real de Belle Gunness, unha asasina en serie de principios do século XX. Un proxecto sen rematar pola precipitada morte da cineasta. Barefoot to Jerusalem (2001), foi o seu último traballo, rematado no 2008, catro anos despois da súa morte.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
