Sobre o infinito

  SETEMBRO                 OM  DET  OÄNDLIGA   de   ROY   ANDERSSON

 14    14  Luns ás 20:30h           (SOBRE  O  INFINITO)   

                                               SUECIA     2019;     76'    V.O.S.C.

 

 

 


 

 

2019: FESTIVAL DE VENECIA: LEÓN DE PRATA - MELLOR DIRECTOR

2019: PREMIOS DO CINE EUROPEO: MELLORES EFECTOS VISUAIS

2019: PREMIOS GULDBAGGE: MEJOR DESEÑO DE PRODUCIÓN

 

 

SINOPSE

Inspirada no conto de "As mil e unha noites", o filme  fai  unha particular descrición  das distintas etapas que un ser humano vai atravesando na vida;  dende os momentos máis prezados da existencia até a sensibilidade emocional e intelectual.

 

 


ROY   ANDERSSON

Realizador, fotógrafo, guionista, técnico de son, montador e produtor nado no 1943 en Gotemburgo. Caracterizado por filmes que traballan coa comedia do absurdo onde caricaturiza á sociedade sueca, de feito, a publicación Village Voice di que é “o Bergman do slapstick”. Ten pasado gran parte da a súa vida profesional traballando en publicidade, coa dirección de máis de 400 anuncios e tamén numerosas curtametraxes.

Ten dirixido tres longametraxes anteriores, Unha historia de amor sueca (1970),  Cancións dende o segundo piso (2000), e  Unha pomba  pousa nunha rama a reflexionar sobre a existencia (2014).

Este é o seu último traballo.

 

 

 Aí vai máis información:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger