The Bra

 THE BRA (THE BRA) de VEIT HELMER Luns 05 ás 20:30h ALEMAÑA 2018; 90' V.O.S.C.
AVANCA FILM FESTIVAL 2019: MELLOR GUIÓN, MENCIÓN ESPECIAL Ó DIRECTOR, E MELLOR ACTOR PREDRAG 'MIKI' MANOJLOVIC CINEQUEST SAN JOSE FILM FESTIVAL 2019: MELLOR FILME 

SINOPSE 

O día antes da a súa xubilación, un maquinista de tren recolle un sostén de encaixe azul enredado na locomotora. Movido pola curiosidade, inicia a busca da dona da prenda para devolvelo. 

VEIT HELMER 

Realizador, produtor, guionista, montador e fotógrafo alemán nado no 1968. Comeza a rodar películas aos catorce anos. Dous meses antes da caída do muro trásladase a Berlín Oriental para estudar teatro na escola "Ernst Busch". Do 1991 ao 1997, estuda dirección de cine no HFF de Munich. Famoso pola curtametraxe Surprise! (1995), premiada en Cannes, na Seminci e na Semana de Cine de Terror de San Sebastián. Como guionista co-escribe a longametraxe A trick odf light, dirixida por Wim Wenders. Tuvalu (1999), foi a súa primeira longametraxe na dirección, con ela acadou numerosos premios internacionais. Absurdistan (2008), foi o seguinte traballo, seleccionado en Sundance e no Festival de cine de Moscú. Outros dos seus traballos, Baikonur (2011), Gate to Heaven (2013), Quatsch und die Nasenbärbande (2014). Tamén documentais como Behind the coach: casting in Hollywood (2005), Premio da Asociación de Críticos Alemáns. Esta é o seu último traballo. 

Enlaces sobre o filme: 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger