Branco en branco

16 de Novembro ás 20:00


BLANCO  EN  BLANCO  de  THEO   COURT


(BRANCO EN BRANCO)  


CHILE     2019;     100'    V.O.S.C.       








2019: FESTIVAL DE VENECIA: PREMIO FIPRESCI (SECCIÓN ORIZZONTI) E MELLOR DIRECTOR
2019: FESTIVAL A HABANA: PREMIO FIPRESCI
2019: MINSK INTERNATIONAL FILM FESTIVAL PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR
FICUMAN FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE UNAM 2020,  PREMIO AO MELLOR DIRECTOR

 

 



SINOPSE

Século XIX, un fotógrafo chega a Terra do Fogo, un territorio hostil e violento, para fotografar a voda dun poderoso latifundista. A futura esposa, apenas unha nena, convírtese nunha obsesión. Tratando de capturar a súa beleza, traizoa ó poder que domina o territorio. Pero é descuberto. 





THEO COURT
Director, actor, guionista e produtor nado en Ibiza no 1980. 
Fillo de pais chilenos, se trasladan a vivir a Chile no 1996. Estuda Fotografía en Madrid e posteriormente estuda cine en Santiago de Chile. É graduado na especialidade de dirección na Escola de Cine de San Antonio de Los Baños, Cuba. No 2004. Iníciase no cine coa curtametraxe O espino (2004), logo roda Sendeiro (2008), unha mediometraxe de animación. 
Debuta na longametraxe con Ocaso (2010).
Este é o seu último traballo.

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger