A camareira de piso

 DECEMBRO                     LA CAMARISTA  de    LILA   AVILÉS

07                                             (A CAMAREIRA DE PISO)
Luns 20;00h                           MÉXICO 2018; 102' V.O.S.C.








 


PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NOS PREMIOS PLATINO DO CINE IBEROAMERICANO, 2020 

PREMIO AO MELLOR FILME NO WORLD CINEMA AMSTERDAM, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO PORTLAND INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL DO NEW YORK FILM CRITICS, ONLINE, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO SAN FRANCISCO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO DA CRÍTICA E Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO LIMA LATIN AMERICAN FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO PREMIOS ARIEL DO CINE MEXICANO, 2019

MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO Ó CINE LATINO NO PALM SPRINGS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO AO MELLOR FILME MEXICANO NO MORELIA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018

PREMIO Á DIRECTORA NO MINSK INTERNATIONAL FILM FESTIVAL “LISTAPAD”, 2018 

PREMIO Á DIRECTORA NO MARRAKECH INTERNATIONAL FILM FESTIVAl, 2018

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL E MELLOR PRODUCCIÓN NO HAVANA FILM FESTIVAL, 2018




SINOPSE
Unha moza traballadora nun dos hoteis máis luxosos da Cidade de México con xornadas laborais eternas, que dificultan a súa tarefa como nai, aspira a ter un ascenso e mellorar a súa calidade de vida accedendo ó coidado dos cuartos máis exclusivos. 



LILA AVILÉS
Actriz. Guionista e directora nada en 1982, na Cidade de México. Estuda Artes escenicas en Casazul, onde tivo como mestres a actores como José Caballero e Ximena Escalante. Ao mesmo tempo estuda tamén guión cinematográfico con Beatriz Novaro e dirección de escena con Martín Acosta.

Supo que quería ser directora dende moi nova, xa entón iba montando historias familiares coas fotografías que tiña a súa tía sobre as viaxes dos seus avos mariñeiros, e pronto iníciase no medio como actriz e máis tarde, na dirección de obras de teatro que ela mesma escribía. Tras dirixir varias curtametraxes no 2016, roda a mediometraxe documental "Nena" (2017). 
Este é o seu debut na longametraxe e o seu último traballo como directora.



Enlaces sobre o filme: 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger