TEMBLORES de JAYRO BUSTAMANTE
(TEMBLORES)
GUATEMALA 2019; 107' V.O.
PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO NEWFEST: NEW YORK'S LGBT FILM FESTIVAL 2019
PREMIO AO MELLOR FILME LATINOAMERICANO NO SAN SEBASTIÁN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
PRIEMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL NO MINNEAPOLIS ST. PAUL INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR GUIÓN NO LESGAICINEMAD, MADRID INTERNATIONAL LGBT FILM FESTIVAL 2019
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR ACTOR (JUAN PABLO OLYSLAGER), NO L.A. OUTFEST 2019
PREMIO AO MELLOR FILME, MELLORES ACTORES (JUAN PABLO OLYSLAGER E MAURICIO ARMAS ZEBADÚA), NO ICARO-FESTIVAL DE CINE E VIDEO EN CENTROAMERICA 2019
PREMIO AO MELLOR FILME NO COSTA RICA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA NO GUADALAJARA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
Sinopse
Triloxía do desprezo. Pablo é un “bo home”: un cristiano evanxélico practicante, de 40 anos, casado e con dous fillos. Pero un día Pablo namórase de Francisco, quere deixalo todo e abandoar a súa devota familia evanxélica. A súa familia pon a fe en primeiro lugar e se aferran á idea de poder "curar" a Pablo.
JAYRO BUSTAMANTE
Director, produtor, guionista e montador nado no 1977, en Guatemala, aínda que dende neno viviu nunha comunidade maia nos arredores do Lago de Atitlán, en Sololá. A súa vida neste lugar espertou o seu interés polo contexto social e a necesidade de facer cine.
Máis tarde marcha a vivir a Cidade de Guatemala para estudar Publicidade e Comunicación na Universidade San Carlos de Guatemala. Iníciase como director de anuncios publicitarios na axencia Ogilvy & Mather. Logo viaxa a Europa para continuar cos seus estudos de cine, formándose como realizador no Conservatorio Libre du Cinéma Français de París e como guionista no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. De volta en Guatemala, crea unha produtora coa que roda a súa primeira longametraxe, Ixcanul (2015), con ela acada numerosos premios xunto a sona e prestixio internacional.
A chorona (2019), é o seu último traballo.
Enlaces sobre o filme:
