DEUX
(ENTRE NÓS) de FILIPPO MENEGHETTI
FRANCIA 2019; 95’ V.O.S.C.

MONTCLAIR FILM FESTIVAL (MFF) 2020, PREMIO DA AUDIENCIA AO DIRECTOR
MOLODIST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020, PREMIO FIPRESCI E PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR E MELLOR FILME
FRAMELINE SAN FRANCISCO INTERNATIONAL LGBTQ FILM FESTIVAL 2020, PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL
DUBLIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020, PREMIO DA CRITICA DE CINE Á MELLOR ACTRIZ, BARBARA SUKOWA
FEST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020, PREMIO DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL, PREMIO MERLINKA QUEER FILM AO MELLOR FILME E MELLOR FOTOGRAFÍA
ANGERS EUROPEAN FIRST FILM FESTIVAL 2020, PREMIO AO MELLOR FILME
SINOPSE
Dúas mulleres xubiladas viven un amor secreto dende fai décadas. De cara á xente non son máis que dúas veciñas, veñen e van dunha casa á outra compartindo os agarimos dunha vida en común. Un suceso inesperado da un xiro na as súas vidas.
FILIPPO MENEGHETTI
Director, guionista e produtor nado en Roma no 1980. O seu interés polo cine xurde cos seus amigos da mocidade, cos que iba ás salas, intercambiaban vídeos, revistas, etc. Viaxa a Nova York, querendo aprender máis do cine e do país. Visitaba horas as rodaxes e os estudos amateurs ou estudiantís. De volta a Italia estuda cine e antropoloxía na Sapienza University . Iníciase na dirección co documental Maistrac: lavorare in Cantiere (2009). Logo viñeron as curtametraxes O intruso, Undécimo (2012) e A besta (2018). Trasládase a Francia onde debuta na longametraxe co filme Two of Us (2019).
Este filme é o seu último traballo.
Enlaces sobre o filme: