HAYALETLER de AZRA DENIZ OKYAY
(GHOSTS)
TURQUIA 2020; 90' V.O.S.C.
PREMIO DA SEMANA DA CRÍTICA Á DIRECTORA EN VENECIA EN 2020.
PREMIO AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECTORA, MELLOR MONTAXE E MELLOR ELENCO ACTORAL PARA NALAN KURUCIM, NEZAKET ERDEN E INSALAR IKIYE AYRILLIR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ANTALYA 2020
PREMIO FIPRESCI DO XURADO MOZO AO MELLOR FILME NOVEL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VARSOVIA 2020.
PREMIO Á DIRECTORA POLOS VALORES HUMÁNS E PREMIO WIFT NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TESALONIKA 2020
PREMIO OFCS DA ASOCIACIÓN DOS CRÍTICOS DE CINE ONLINE 2021
SINOPSE
Percorrido polas rúas de Estambul nas horas previas a un apagón da man de tres mulleres: unha moza afecioada ao baile, unha activista feminista e unha muller cun fillo no cárcere. Unha cidade en vías de xentrificación que apenas deixa sitio. O pulso e a urxencia do día remata por facer confluír esas vidas cruzadas nunha dudosa operación de tráfico de drogas. O ritmo incesante e o carisma das personaxes completan o mosaico do filme.
AZRA DENIZ OKYAY
Realizadora, actriz, montadora, produtora, compositora e guionista nada no 1983 en Estambul. Tras rematar a secundaria trasládase a París para estudar cine na Sorbona, onde se gradua e cursa un Máster. Traballa en Partizan, a produtora de Michel Gondry. Volve a Turquía no 2010, onde convírtese na primeira muller directora dunha produtora publicitaria en Estambul. Ten realizado varias curtametraxes e videoclips, e os seus traballos de videoarte se veñen exhibindo en diversas mostras e galerías.
Esta é a súa ópera prima para o cine e o seu último traballo.
Enlaces sobre o filme:
