O teléfono do vento

KAZE   NO  DENWA    de    NOBUHIRO  SUWA

(O  TELÉFONO  DO  VENTO)

XAPÓN   2020;   139'    V.O.S.C.











SINOPSE

Crónica dun dolo en forma de viaxe na que os sucesivos encontros desprazan o loito individual cara o colectivo, definido pola confesión dunha cadea de feridas:  Hiroshima, o exilio kurdo, un accidente de coche, o tsunami. Feridas do tempo á certificación do que asemella unha verdade inmediata, improvisada e unha posibilidade de futuro.

 

NOBUHIRO  SUWA

Director, guionista, montador, actor e produtor nado no 1960 en Hiroshima. Sendo estudiante da Escola de Diseño da Universidade Zokei de Tokio, empeza a realizar os seus primeiros  filmes. En 1985, dirixe, escrebe e produce a curtametraxe "Hanasareru gang". Logo roda varios documentais. En 1997 debuta na ficción con "2/Duo". No 1999 dirixe "M/other", amosando  por primeira vez dun xeito realista á muller xaponesa contemporánea.

Na a súa filmografía destacamos, "H story", -un filme experimental baseado no de Alain Resnais de (1959), "Hiroshima mon amour"-.  "Yuki & Nina" (2009) e, "O león durme esta noite" (2017).

Este é o seu ultimo traballo.




Enlaces sobre o filme: 


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger