JAK NAJDALEJ STAD de PIOTR DOMALEWSKI
(EU NUNCA CHORO)
POLONIA/IRLANDA 2020; 97' V.O.S.C.
GRAN PREMIO NA SECCIÓN NOVOS DIRECTORES NO FESTIVAL DE CINE DE SAN SEBASTIÁN 2020
PREMIO CINEUROPA, E PREMIO AO DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MONS 2021
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, ZOFIA STAFIEJ, NO DUBLIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021
PREMIO DA AUDIENCIA E PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOS PREMIOS GOLDEN ROOSTER 2021
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, KINGA PREIS, E A MELLOR FOTOGRAFÍA NOS PREMIOS DO CINE POLACO 2021
SINOPSE
Unha moza debe viaxar a Irlanda para trasladar a Polonia o corpo do seu pai morto nun accidente da construción. Lonxe de interesarse por el, ela só quere saber si o pai chegou a aforrar os cartos necesarios para o coche que lle tiña prometido. Mentres lidia coa burocracia, comenza a coñecer ao seu pai.
PIOTR DOMALEWSKI
Compositor, guionista, actor e director nado en Łomża, Polonia, no 1983.
Iníciase profesionalmente con varias curtametraxes que teñen sido premiadas en diversos festivais europeos: "Stranger" (2013), "60 quilos de nada" (2017). "Silent Night" (2017), é o seu debut na longametraxe, tamén con varios galardóns.
Esta é a súa segunda longametraxe.
"Accion Jacinto" (2021), é o seu último traballo.
Enlaces sobre o filme:
https://www.nosolocine.net/critica-de-la-pelicula-i-never-cry-yo-nunca-lloro-un-gran-drama-social/
https://www.cinemaldito.com/i-never-cry-yo-nunca-lloro-piotr-domalewski/
https://cintilatio.com/critica-i-never-cry-yo-nunca-lloro/-
https://www.encadenados.org/rdc/sin-perdon/6492-yo-nunca-lloro-3