SEDUCIDOS E ABANDOADOS

SEDUCED AND ABANDONED (SEDUCIDOS E ABANDOADOS)


USA  2013;
100 minutos/ COR V.O.S.C.





SINOPSE
Viaxe de exploración a través de varios aspectos intimamente vinculados co universo do cine: o Festival de Cannes. O cine como arte, os cartos, o glamour, a morte. Unha rodaxe filmada durante a 65ª edición do festival (2012). O filme recolle retratos, anécdotas e testemuñas íntimas e case descoñecidas destes cineastas que forman parte da historia do cine contemporáneo. 

JAMES TOBACK
Director, guionista, actor e produtor nado en New York City, no 1944. No 1966 gradúase no Harvard College. Máis tarde traballa como profesor de guión na universidade da cidade de Nova York. Iníciase no cine cun guión autobiográfico The Gambler (1974). Debuta na dirección con Melodía para un asesinato (1978). Tras estes filmes vive nunha montaña rusa profesional, Amor e cartos ( 1982), Un cebo chamado Elisabeth (1983), aínda que máis tarde redime a súa reputación. Outros dos seus filmes, Big Bang (1989), Branco e Negro (1999), Harvard Man (2001), When Will I Be Loved (2004), Tyson (2008).
Este é o seu último traballo como realizador.

podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=SWz1wG1tvbo

Posted by
Fernando Llor

+Info

MEL

MIELE     ( MEL)


ITALIA/FRANCIA  2013;
98 minutos/ COR V.O.S.C.


-PREMIO KINGFISHER AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LJUBLJANA, 2013
-PREMIO LAZO DE PRATA Á MELLOR CINEASTA EMERXENTE DO SINDICADO NACIONAL DOS CRÍTICOS DE CINE DE ITALIA, 2013
-PREMIO MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HAIFA, 2013
-PREMIO GLOBO DE OURO Á MELLOR ÓPERA PRIMA NOS PREMIOS GLOBOS DE OURO DO CINE ITALIANO, 2013
-PREMIO DO XURADO ECUMÉNICO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CANNES, 2013
-PREMIO DA AUDIENCIA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BRUSELAS, 2013


SINOPSE
Filme baseado na novela A nome tuo, de Mauro Covacich. A protagonista é unha muller como tantas. Vive soa e hai tres anos que decidiu dedicar a súa vida a persoas na busca de axuda, asistindo e aliviando o seu sufrimento, mesmo cando levan a decisións extremas. O seu nome en clave é Miele. Un día coñece a un home de 70 anos, en perfecto estado de saúde, que ten un “mal invisíbel”. A reunión entre os dous porá a proba as súas conviccións e provocará nela un forte debate existencial.


VALERIA GOLINO

Directora, actriz, técnica de son, guionista e produtora nada en Nápoles, no 1966. Creceu entre Atenas e Nápoles nun ambiente artístico. O pai era un experto xermanista, a nai pintora, e o seu irmán é músico. Iníciase profesionalmente no cine como actriz con Pequenos incendios (1985). Un ano despois acada o premio á Mellor Actriz, no Festival de Cine de Venecia por Historia de amor. O seu primeiro traballo en Hollywood foi no filme Big Top Pee-Wee (1988). Ten feito traballos moi diversos, en Rain Man, foi a moza de Tom Cruise, en The King's Whore, foi a amante de Timothy Dalton, e en Hot Shots!, compartiu reparto con Charlie Sheen. Il ragazzo invisibile é o seu último traballo como actriz. 
Este é o seu último traballo como realizadora.

podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=QIkVUILKAyc
Entrevista  coa súa directora: https://www.youtube.com/watch?v=AfgLTsPDYN0

Posted by
Fernando Llor

+Info

ITHEMBA

ITHEMBA      (ITHEMBA)

ZIMBABWE 2010;
72 minutos/ COR V.O.S.C.   
                                                 


- PREMIO IDFA DA AUDIENCIA, PAÍSES BAIXOS, 2010.
- PREMIO OUSMANE SEMBENE, EN TANZANIA. FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ZANZÍBAR, 2010.


SINOPSE
Un país onde cada día morren máis persoas por causa da sida, a malnutrición e a falta de atención médica, que os que morren en Afganistán, Iraq ou Darfur. Onde os hospitais funcionan sen médicos, as cidades poden pasar meses sen auga corrente e a taxa de desemprego é do 90%. Un país onde a xente con discapacidade é vista como maldita. Ithemba (esperanza, en ndebele) trasládanos a Zimbabue a través de Liana, un conxunto musical formado por oito mozos con discapacidade que afrontan con sentido do humor e valentía a caótica realidade do seu país e os prexuízos sociais e culturais profundamente arraigados. 


ELINOR BURKETT

Guionista, produtora, escritora e directora. O seu traballo como documentalista tena levado de Cuba a Mongolia e de Kirguistán a Zimbabue. Foi reporteira do Miami Herald co que ten escrito nove libros, e traballado para as principais revistas americanas. No 2010 acadou o Óscar á mellor curtametraxe documental con Music by Prudence e os seus traballos teñen sido recoñecidos en diversas ocasións por organizacións como o National Press Club, o Penney-Missouri ou a New York  Newswomen.
Este é o seu último traballo.


Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=AKSX_BQqZVU
Entrevista  coa súa directora: https://www.youtube.com/watch?v=3B0Icc_x6dg

Posted by
Fernando Llor

+Info

MATTERHORN

MATTERHORN (MATTERHORN)

HOLANDA 2013;
87 minutos/ COR V.O.S.C.

       

-PREMIO Á MELLOR LONGAMETRAXE DE FICCIÓN NA DÉCIMO PRIMEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E ARTES ESCÉNICAS GAY-LESBO-TRANS DE BILBAO ZINEGOAK, 2014
-PREMIO PILAR MIRÓ AO MELLOR DIRECTOR NOVO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VALLADOLID, 2013
-PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NOS FESTIVAIS INTERNACIONAIS DE CINE DE MOSCOVA, E ROTTERDAM, 2013

SINOPSE
Un devoto viúvo calvinista leva unha vida respectable e aburrida dende que botou fóra o seu único fillo. De repente chega Theo, un adulto cunha idade mental de cinco anos. El sente a paternidade de novo, é protector e mesmo o coida do acoso dos mozos e do pretensioso e fanático sacristán. Cando Theo pide casar con el, os segredos e remordementos máis escuros de ambos homes saen.


MICHIEL REICHWEIN

Director, guionista, actor, compositor e produtor nado en Enschede, Overijssel, Holanda, no 1969. Estuda na School for Drama & Contemporary Music Theatre. É un actor e guionista moi coñecido por Alles is familie (2012). Ten dúas curtametraxes como director, Naked (2006), e Succes (2008). Logo un filme para a televisión, Gewoon Hans (2009). 

Con este filme debuta na longametraxe. O seu último traballo é Hartenstraat (2014), como actor.


Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=HwJwHHWiez0

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger