Meteora


METÉORA (METEORA )

GRECIA/ALEMAÑA 2012; 
82 minutos/ COR V.O.S.C.


                                      
- MENCIÓN DE HONRA DO XURADO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE CARTAXENA, COLOMBIA, 2014.

SINOPSE
Reflexión, investigación e pór en dúbida a dinámica entre a espiritualidade e o desexo humano narrados a través da relación entre un mozo monxe ortodoxo grego e unha monxa ortodoxa rusa.


SPIROS STATHOULOPOULOS

Director, guionista, montador, fotógrafo e produtor nado en Grecia en 1978. na escola. Acadou o seu primeiro premio como director cando tiña Con oito anos trasládase a Colombia e comeza a dirixir filmes cando aínda estaba catorce anos pola curtametraxe Dimension. Estuda cine en Colombia e na Universidade de California. Debuta na longametraxe con PVC-1 (2007), seleccionada nos festivais de Cannes e na Berlinale dese ano.

Este é o seu último traballo.

podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=DTKn-2cnqXo

Posted by
Fernando Llor

+Info

The fake

SAIBI (THE FAKE)

COREA DEL SUR 2013
101 minutos/ COR V.O.S.C.




-PREMIO AO MELLOR FILME DE ANIMACIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SITGES, 2013
-PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE FANTÁSTICO FANTASPORTO, 20014 



SINOPSE

Nunha pequena vila que está a piques de ser asolagada para construír unha presa, os habitantes teñen sucumbido ante o feitizo dun carismático pastor evanxelista quen lles ten prometido un fogar novo e un sitio no ceo a cambio dos seus aforros. No medio de toda esta corrupción aparece o veciño máis violento e agresivo da vila que vén de saír do cárcere. É único que parece non caer nas redes do pastor. 


YEON SANG-HO

Director, guionista, actor, montador, músico, director de arte, fotógrafo e produtor nado en Corea do sur en  1978. Graduado en Pintura por a Universidade de Sangmyoung. As súas curtametraxes de animación: He Hell: Two Kinds of Life (2006) e Love is Protein (2008), teñen sido proxectadas nos festivais máis importantes de animacón. Debuta na longametraxe no 2010 con King of Pigs.

O seu último traballo é a curtametraxe I the Window (2013)

podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=oT9JiBXbYOg

Posted by
Fernando Llor

+Info

Fermosa mocidade

HERMOSA JUVENTUD (FERMOSA MOCIDADE)

ESPAÑA 2014;
103 minutos/ COR V.O.


                                               

SINOPSE
Unha parella moza loita por sobrevivir na España de hoxe en día. Cos escasos recursos a vida non avanza, aínda que tampouco teñen grandes esperanzas. Rodar un filme pornográfico afeccionado tal vez sirva para acadar algo de cartos. A chegada da súa primeira filla será un bo motor para mudar


JAIME ROSALES

Director, guionista e produtor nado en 1970, en Barcelona. Licenciado en Ciencias Empresariais, grazas á concesión dunha bolsa marcha a estudar cine na Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio dos Baños na Habana, onde estivo tres anos. Máis tarde, cunha residencia na Australian Film Television and Radio School Broadcasting Entertainment de Sydney, completa a súa formación cinematográfica. Iníciase no cine con varias curtametraxes que produce dende 1998 a 1999, Episodio, Eu tiven un porco chamado Rubiel e The Fish Bowl. No 2003 debuta na longametraxe con As horas do día, acadando o Premio da Crítica Internacional na Quincena de Realizadores de Cannes. No 2007 estrea A soidade, con ela acada os mellores recoñecementos na XXII edición dos Premios Goya. No 2008 con Tiro na cabeza, acadou o premio FIPRESCI ao Mellor filme do ano no Festival de Cine de San Sebastián.


Tras dirixir a curtametraxe documental Sinerxias: Diálogo entre Jaime Rosales e Wang Bing, no 2012 presenta Soño e silencio, na Quincena de Realizadores de Cannes.


Este é o seu último traballo



Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=Nv2aH1d_BmI

Posted by
Fernando Llor

+Info

Post Tenebras Lux

POST TENEBRAS LUX (POST TENEBRAS LUX)
MÉXICO/HOLANDA FRANCIA/ALEMAÑA 2012
115 minutos/ COR V.O.S.C.

       

-MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL DE CANNES, 2012
-MELLOR DIRECTOR, PREMIO DA CRÍTICA E MELLOR FILME NO FESTIVAL DE CINE LATINOAMERICANO DE LIMA, 2012
-MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR FILME LATINOAMERICANO NO FESTIVAL DE CINE DE MAR DA PRATA, 2012
-MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL CINEMANILA, 2012

SINOPSE
Un rico industrial decide mudar a cidade na que vive coa súa muller e os dous fillos pola vida no campo. Neste solitario e idílico lugar asemella que poderán atopar un pouco de paz. O seu matrimonio está tornando resentido por o fastío sexual, os problemas de criar os fillos e o feito de vivir nunha comunidade na que se sente un estraño.


CARLOS REYGADAS

Guionista, actor, produtor, fotógrafo, montador e realizador nado en México D.F. en 1971. Estuda Dereito Internacional en Cidade de México e Londres, onde se especializa en conflitos armados. En Bélxica realiza Maxhumain (1999), a súa primeira curtametraxe para un concurso. Xapón (1998), é o seu debut na longametraxe, coa que acada a Cámara de Ouro no Festival de Cannes e o Premio Coral á Mellor Ópera prima do Festival Internacional do Novo Cine Latinoamericano dese ano, ademais de varios premios Ariel. No 2004 produciu o filme Sangue, do cineasta mexicano Amat Escalante, e no 2005 rodou Batalla no ceo, coa que acada a Palma de Ouro dese ano no Festival de Cannes. No 2006 os seus novos proxectos foron beneficiados co (WCF), “World Cinema Fund,” un fondo de apoio creado pola Fundación Federal de Cultura de Alemaña e o Festival Internacional de Cine de Berlín, en cooperación co Goethe Institut. Coa terceira longametraxe Luz silenciosa (2007), acadou o Premio do Xurado ese ano no Festival de Cannes.


Este é o seu último filme como realizador. Nos últimos proxectos profesionais está a traballar como produtor: Heli (2013) e O mudo (2014).


Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=NxPxuojpaEk

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger