Amour fou


 AMOUR FOU

(AMOUR FOU)
AUSTRIA/LUXEMBURGO 2014




SINOPSE
Filme ambientado nun relato libremente inspirado no suicidio de Heinrich von Kleist, en 1811. O poeta aspira a vencer o carácter inelutable da morte grazas ó amor. Por esta razón intenta convencer a súa prima Marie de que se se suicidan xuntos acadarán eludir o destino. O escepticismo e a falta de sensibilidade de Marie deprime a Heinrich.
A cineasta afonda na vida e o tráxico final dun dos escritores dramáticos máis importantes do romanticismo e a literatura alemá, ex militar prusiano e combatinte nas Guerras Napoleónicas que, durante o seu periplo bélico, viaxou polo continente europeo desenvolvendo a súa paixón pola literatura e dando forma ás súas primeiras obras. 


JESSICA HAUSNER

Guionista, montadora, produtora e realizadora nada en Viena en 1972.

Iníciase como realizadora coa curtametraxe Flora en 1995. Coa longametraxe Lovely Rita (2001), deuse a coñecer nos festivais internacionais de cine, pero sería o seguinte traballo Lourdes (2009), o que lle daría sona no panorama cinematográfico mundial.

Este é o seu último traballo.


Podedes ollar  o tráiler en:  https://www.youtube.com/watch?v=qOZMe2bpDic

Posted by
Fernando Llor

+Info

Coherence


 COHERENCE

(COHERENCE) 
  USA 2013





MELLOR ÓPERA PRIMA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE FANTÁSTICO DE AMSTERDAM, 2014

MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SITGES, 2013

MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE FANTÁSTICO (FANT ) DE BILBAO, 2014



SINOPSE

Baseado nun argumento de James Ward Byrkit e Alex Manugian, o filme fai referencia ó ano 1923, cando en Finlandia o paso dun cometa fixo cos habitantes dunha vila quedaran completamente desorientados, orixinando comportamentos moi estraños. Décadas máis tarde, un grupo de amigos recorda este caso mentres cean, brindan e se preparan para ver pasar un cometa. Pode repetirse a mesma historia?



JAMES WARD BYRKIT

Guionista, actor e realizador estadounidense.

Iníciase no cine traballando como actor no ano 2001. As súas curtametraxes Yes, and... e Fractalus no ano 2005, e Pirates of the Caribbean: Tales of the Code: Wedlocked no 2011, e o vídeo xogo Rango (2011), acadaron diversos premios en festivais internacionais de cine.

Con este filme debuta na longametraxe. É o seu último traballo.



Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=eo3If7uZOo4

Posted by
Fernando Llor

+Info

BAIKONUR


BAIKONUR 

(BAIKONUR)
ALEMAÑA/RUSIA/KAZAJISTÁN
2011









SINOPSE
Medio século despois de que Yuri Gagarin viaxara ao espazo, na base de Baikonur, onde malviven nativos vendendo restos de chatarra aeronáutica, conmemoran o fito. Lanzan unha nave con tres astronautas, entre eles unha turista francesa que ten pagado unha fortuna polo capricho. Un campesiño mozo, Gagarin, queda namorado dela. Un mergullo polos nosos espazos interiores.


VEIT HELMER
Realizador, fotógrafo, montador, produtor e guionista nado en 1968 en Hannover, Alemaña. Estuda Arte e Dirección na Escola de Cine de Múnic. Codirixiu xunto a Win Wenders A Trick of Light, premiada en Venecia no 1997. Debuta na longametraxe con Tuvalu (1999), con ela acadou excelentes críticas pola súa orixinalidade e renovadora proposta cinematográfica. Logo vén Gate to Heaven (2003). No 2008, co filme Absurdistan acada sona nos mellores festivais internacionais de cine. Ten dirixido tamén filmes documentais. Behind the Couch, premiado varias veces e emitido na BBC.
É membro da Academia de Cine Europeo dende o 2002 e imparte docencia en escolas de cine de Beirut, Tbilisi, Xacarta, Tashkent e Bogotá.
Quatsch und die Nasenbärbande é o seu ultimo traballo.

        
Podedes ollar  o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=Cipu4WPydj8

Posted by
Fernando Llor

+Info

A CASA


LA CASA 

(A CASA) 
COLOMBIA/ESPAÑA 2009








PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN E PRODUCIÓN NO LEIPZIG DOK, FESTIVAL DE DOCUMENTAIS, 2009



SINOPSE

Na periferia de Bogotá, unha familia vive da reciclaxe e da cría de animais. Soñan cunha casa que teña auga corrente e electricidade, pero as disputas familiares dificultan aínda máis as posibilidades de progreso.




TAYO CORTÉS

Realizador, fotógrafo e guionista nado en 1978 en Pasto, ao sur de Colombia. En 1998, trasládase a Barcelona onde estuda dirección e fotografía no Centro de Estudos Cinematográficos de Cataluña (CECC). Na actualidade traballa como director de fotografía da rede catalá XTVL preparando a primeira longametraxe de ficción.

Iníciase profesionalmente coa curtametraxe documental Close to Greenaway (2005). No 2006 debuta na longametraxe documental con O exterior. No 2007 roda Louisiana 1827

Este é o seu último traballo.



Podedes ollar  o tráiler en: http://vimeo.com/76185364

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger