A once


LA ONCE 

(A ONCE)
CHILE 2014; 70’ V.O.




PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL DE CINE DE CARTAGENA, 2015
PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO DOCSBARCELONA, 2015



SINOPSE 
Cinco mulleres de avanzada idade quedan dende hai sesenta anos para tomar o té unha vez ao mes. Nestas reunións hai encontros, desencontros. Interpretan e comentan a actualidade, evocan o pasado común e se esforzan en amosar a súa vixencia, esquecendo, aínda por un rato, as doenzas que padecen.


MAITE ALBERDI 
Guionista, produtora, montadora, técnica de son, fotógrafa, actriz e realizadora chilena nada en 1983. Iníciase no cine coas curtametraxes, Os trapecistas (2005), As perruqueiras (2008). Debuta na longametraxe co documental O salvavidas (2011). Eu non son de aquí (2016) é o seu último traballo na dirección
É coautora do libro Teorías do cine documental en Chile: 1957-1973. Traballa tamén como docente en diversas universidades e como crítica de cine en liña en lafuga
Aí van algúns enlaces sobre o filme:





Posted by
Fernando Llor

+Info

A primeira vista


HOJE EU QUERO VOLTAR SOZINHO 

(A PRIMEIRA VISTA) 

BRASIL 2014; 98' V.O.S.C.







PREMIO MELLOR ACTOR, GHILHERME LOBO, DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE DE SÃO PAULO, 2015
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECTOR, MELLOR ACTOR, GHILHERME LOBO, E MELLOR GUIÓN NO SESC FILM FESTIVAL, BRAZIL 2015
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, NO TORINO INTERNATIONAL GAY & LESBIAN FILM FESTIVAL, 2014
MELLOR GUIÓN NO SKIP CITY INTERNATIONAL D-CINEMA FESTIVAL, 2014
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NO PEACE & LOVE FILM FESTIVAL SUÍZA, 2014
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR GUIÓN, NO ROCHESTER IMAGEOUT, 2014
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, NO INTERNATIONAL LESBIAN & GAY FILM FESTIVAL DE SAN FRANCISCO, 2014
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR GUIÓN NO L.A. OUTFEST, 2014
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR GUIÓN NO LESBIAN AND GAY FILM FESTIVAL DE NOVA YORK, 2014
COLÓN DE PRATA AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL DE CINE LATINOAMERICANO DE HUELVA, 2014
PREMIO FIPRESCI AO MELLOR DIRECTOR NA SECIÓN PANORAMA, DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BERLIN, 2014
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ATENAS, 2014
PREMIO MELLOR GUIÓN E PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, NO LESBIAN & GAY FILM FESTIVAL, SEATTLE 2014



SINOPSE
Un mozo cego trata de atopar independencia na súa vida cotiá. A relación coa súa mellor amiga e o xeito de ollar o mundo muda totalmente cando chega Gabriel.


DANIEL RIBEIRO 
Realizador, guionista e montador nado en 1982 en São Paulo. Alí cursa estudos na Escola de Cine da Universidade. Dirixe dúas curtametraxes, Cafe com leite e Eu nao quero voltar sozinho, presentados en numerosos festivais internacionais acadando máis de 115 premios. Tamén é o creador dunha páxina web musical, Musica de bolso e dun proxecto en liña antihomófobo chamado Eu sou gay .
Con este filme debuta na longametraxe. Este é o seu último traballo.

Posted by
Fernando Llor

+Info

Kauflanders de Olaia Sendón Ogando

KAUFLANDERS 

de OLAIA SENDÓN OGANDO

GALICIA 2016; 68’




SINOPSE 
O futuro proxectado para nós dilúese nun mundo de mutacións e incertezas constantes. O pasado recente bórrase nunha memoria tan ateigada de imaxes como volátil e, mentres, nós os Kaufanders, reunímonos para cear, falar do mundo e intentar construír unha memoria que nos defina e nos recorde. 
A idea do filme xorde na realizadora tras sentir que a súa é unha xeración á que se lle dixo que todo era posible, que podía ser todo o que quixese, pero a realidade veu colapsar esas certezas presentando un futuro máis imprevisible que nunca. Que quedará de nós?. 
Durante dous anos invita diferentes persoas da súa contorna a cear e falar do mundo. O guión do filme está feito integramente coas transcricións destas ruidosas, e intensas sobremesas. 


OLAIA SENDÓN OGANDO 

Realizadora, artista visual, docente e guionista nada en Ourense no 1978. Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona e DEA en Publicidade pola Universidade de Vigo, 2002. É docente na Escola de Imaxe e Son da Coruña dende o ano 2002. Entre os seus traballos destacamos: The Gaze of the Beachcomber, Míjau, Ganduis, Os fabulosos irmáns da luz. A casa de Lola de Andrés 

Este é o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces:




*Contaremos coa presenza da realizadora que virá a  presentar o seu traballo e charlar coa xente que asista á proxección

Posted by
Fernando Llor

+Info

Funes, o inventor da lúa de Enrique Otero e Unary de Luís Avilés Baquero

FUNES, O INVENTOR DA LÚA 
de ENRIQUE OTERO

GALICIA 2016; 48’





SINOPSE
Documental biográfico sobre o inventor Eugenio Funes, que tras ser unha das pezas fundamentais na carreira espacial e na conquista da Lúa, rematou os seus días dramaticamente nunha autocaravana na súa Galicia natal.
Este proxecto xorde polo descoñecemento que se ten de Funes, un galego da comarca de Quiroga, de principios do século XX, obsesionado coa ciencia e a física. Un inventor puro que abandonou todo para cumprir o seu soño, ir aos Estados Unidos traballar na NASA. Alí levou a cabo o maior invento da súa vida, e un dos máis importantes da historia da humanidade, o retilador, que fixo que o Proxecto Apollo fose un éxito. O documental mestura gravacións de finais dos anos 60 nos Estados Unidos, da NASA, recreacións dos inventos, entrevistas con familiares e amigos de Funes...unha mestura de formatos cinematográficos, acompañados de testemuñas sorprendentes que deron como resultado un traballo minucioso arredor dunha biografía extraordinaria.


ENRIQUE OTERO
Guionista, realizador, produtor e músico nado na Coruña no 1978.
Ten unha longa traxectoria no audiovisual galego no que vén traballando na televisón, publicidade, composición de banda sonoras, curtametraxes, videoclips, documentais e longametraxes. Entre os seus traballos destacamos as curtametraxes, Coitelo (1992), Parole (2005), Os Crebinsky (2002), En plan Galicia (2006), A dúas velas (2006). A súa ópera prima na longametraxe é Crebinsky (2009). Neste momento atópase traballando na preprodución de Caixa negra, e Ningún deus aquí arriba


Aí van algúns enlaces:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/08/08/galicia/1344458144_165771.html

UNARY 

de LUÍS AVILÉS BAQUERO
GALICIA 2015; 18’



SINOPSE

Tras vinte anos en prisión Lucas debe facer fronte a unha nova vida, a un novo mundo que xa no recoñece. A soidade é maior do que esperaba tras perder todo o que tiña. Será Lucas quen de empezar de cero? 


LUÍS AVILÉS BAQUERO

Realizador e montador nado en Bogotá (Colombia) no 1969. Formado en Dirección e Montaxe cinematográfica no CECC (Centre de Estudis Cinematografics de Catalunya). Ten traballado como realizador en programas de televisión como Criaturas e Casamos, para a Televisión de Galicia. Director da curtametraxe A Subela (2003). Debuta na longametraxe con Retornos, presente nos festivais de Montreal, Valladolid, Sao Paulo e León.

Con Unary, acada tamén o Premio á Mellor urtametraxe nos Mestre Mateo 2015.
O seu último traballo é a codirección da longametraxe documental Os días afogados, gañador do Mestre Mateo 2016.


Aí van algúns enlaces:



*Contaremos coa presenza dos realizadores que virán a  presentar o seu traballo e charlar coa xente que asista á proxección


Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger