9 meses



11 SETEMBRO; Luns ás 20:30h

KEEPER de GUILLAUME SENEZ(9 MESES) BÉLXICA 2015; 95’ V.O.S.C.






  





PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE ANNONAY 2016
PREMIO AO DIRECTOR POLO MELLOR TALENTO MOZO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE HAMBURGO 2015

PREMIO EUROPA CINEMAS LABEL AO DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE LOCARNO 2015
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ GALATÉA BELLUGI, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE MARRAKECH, 2015

PREMIO CIDADE DE TURÍN AO MELLOR FILME 2015
PREMIO MAGRITTE Á MELLOR ACTRIZ DE REPARTO CATHERINE SALÉE, NOS PREMIOS MAGRITTE DE BÉLXICA 2017



SINOPSE
Unha parella de namorados adolescentes explora a sexualidade con entusiasmo e torpeza. Cando ela descobre o seu embarazo, el non o acepta, pero tras o susto inicial,  deciden seguir adiante.


GUILLAUME  SENEZ
Guionista, director de procesos de selección de actrices e actores e realizador nado en Uccle (Bélxica), en 1978.  Dirixiu tres curtametraxes que acadaron varios premios en festivais de todo o mundo: Squaring (2006); In Our Blood (2009), nomeado ao premio Unifrance como mellor curtametraxe no Festival de Cannes  e o Premio Films Lutins, e UHT (2012), nomeada á mellor curtametraxe nos premios Magritte.
Con este filme debuta na longametraxe; é tamén o seu último traballo.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Os demos


 04 SETEMBRO; Luns ás 20:30h

 LES DÉMONS de PHILIPPE LESAGE
 (OS DEMOS)
  CANADÁ 2015; 118' V.O.S.C.




                             




PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SAN FRANCISCO 2016
PREMIO ROMPENDO ONDAS, AO DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE TITANIC FESTIVAL 2016



SINOPSE 
Nunha vaga de secuestros de nenos en Montreal, Félix de dez anos, iníciase no mundo adulto. Imaxinativo e sensible, atópalle medo a todo, o posible divorcio dos pais, que parecen atravesar unha crise; uns veciños sospeitosos… Pouco a pouco, os seus demos imaxinarios comezan a reflectirse no mundo inquietante que o rodea. 

PHILIPPE LESAGE 
Realizador, guionista, produtor, fotógrafo e actor nado en Quebec no 1977. Ten dirixido catro documentais: Can we live together? (2006), How you can tell if little fish are happy (2009), The heart that beats (2010), e Laylou (2012).
Este filme é a súa segunda longametraxe de ficción. Copenhague a love story é o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

http://www.rtve.es/noticias/20170503/demonios-philippe-lesage-retrata-confusion-moral-preadolescencia/1537460.shtml
http://www.elcineenlasombra.com/los-demonios-2015-critica/
http://www.elantepenultimomohicano.com/2017/05/entrevista-philippe-lesage.html
http://www.culturamas.es/blog/2017/05/12/los-demonios-2015-de-philippe-lesage/
https://www.youtube.com/watch?v=BGtY3E3p57g
https://www.youtube.com/watch?v=vMwiprtliCk

Posted by
Fernando Llor

+Info

O lugar dos morangos


LUNS 19 de xuño de 2017


IL LUOGO DELLE FRAGOLE de MAITE VITORIA DANERIS


(O LUGAR DOS MORANGOS)


ITALIA 2013; 90’ V.O.S.C.






GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DEL CINE ITALIANO DE ANNECY, 2014
PRIMEIRO PREMIO AO MELLOR FILME DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MILÁN, 2014
PREMIO UCCA AO MELLOR FILME DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TURÍN, 2013
PREMIO CARACOLA Á MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL DO FESTIVAL DE CINE ALCANCES, 2013

SINOPSE

Lina é unha vella campesiña do norte de Italia. Ten o lombo curvado e olla cara á terra. Cada mañá, no alba, chega ao mercado ao aire libre meirande de Europa, Porta Palazzo, no centro de Turín, onde vende a súa verdura e os seus amorodos. Di que ten unha vida de "casa, igrexa e traballo". Non ten fillos, pero si cinco cans e ao seu home Gianni, que quere que ela deixe de traballar. Un día no mercado, entra en escena Hassan, un mozo inmigrante marroquí acabado de chegar a Italia na busca de traballo.

Filmada durante sete anos a través da ollada dunha cineasta española que viaxa a Turín, tiña a idea de quedarse unhas semanas, e volta dez anos máis tarde co filme nas mans.

MAITE VITORIA DANERIS

Guionista, produtora, fotógrafa e realizadora de cine documental nada en Madrid en 1978. No 2004 realiza as súas primeiras curtametraxes documentais gravadas nunha vila da serra de Estremadura; Volvede e Somos nove. No 2005 marcha a Turín, alí descobre o ambiente creativo e cinematográfico e decide quedar un tempo. Tras dez anos na cidade, onde ten traballado como realizadora en diferentes proxectos de cine documental, dirixe, escribe e produce este traballo, a súa primeira longametraxe, desenvolvida grazas ao apoio de diferentes entidades audiovisuais europeas e con gran acollida por parte de televisións internacionais como YLE, RAI, ARTE e TVE.

É o seu último traballo. Neste momento vive en Madrid onde segue preparando novos proxectos de cine documental.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

https://www.youtube.com/watch?v=oUtYYnS2H0Q
https://www.youtube.com/watch?v=IIEUg2wycSU
http://www.ellugardelasfresas.com/
https://www.youtube.com/watch?v=cG5p2oPACpk
https://www.youtube.com/watch?v=r9uf13Q7STw&spfreload=5ttp://www.lamarea.com/2016/09/16/lugar-las-fresas-documental-la-utopia-posible/

Posted by
Fernando Llor

+Info

Aluga unha familia


LUNS 12 de xuño de 2017


RENT A FAMILY INC de KASPAR ASTRUP SCHRÖDER


(ALUGA UNHA FAMILIA)


DINAMARCA 2012; 77’ V.O.S.C.



PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL
DE CINE DE ZÚRIC, 2013

SINOPSE

Historia única e impredecíbel sobre o home Ryuichi Ichinokawa e o seu curioso xeito de vida. El é un home xaponés aparentemente normal. Ten 44 anos, está casado, é pai de dous fillos e vai cada día traballar á oficina de correos. Todo semella normal, aínda que ten un segredo, mesmo para a súa familia: ten unha empresa chamada Hagemashi Tai (“quero subir o teu ánimo”), un dos negocios máis peculiares de Xapón, dedicado ao alugueiro de parentes, amizades, colegas ou parellas falsas. Pódese aparentar a felicidade?

KASPAR ASTRUP SCHRÖDER 

Guionista, realizador, produtor, montador, artista visual e fotógrafo nado en 1979 en Dinamarca. No 2004 funda en Copenhague a empresa Kaspar e traballa con frecuencia en en Asia. Algúns dos seus documentais máis destacados son Surfers City (2007), premiado no Danish Adventure Film Festival; The Invention of Dr. Nakamats (2009), seleccioado no IDFA; ou My Playground (2010), sobre parkour e freerunning.

O seu ultimo traballo é III Waiting for the Sun (2016)

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger