LAST DAYS IN THE DESERT
(DERRADEIROS DÍAS NO DESERTO)
USA 2015; 95’ V.O.S.C.
SINOPSE
Na procura de respostas que o axuden a entender e realizar mellor a súa misión, Xesús intérnase no deserto. No medio dunha árida paisaxe, ante a fatiga e as alucinacións pola calor e a soidade, ten unha conversa co Demo, ansioso de tentar o cansado viaxeiro.
RODRIGO GARCÍA
Realizador, guionista, fotógrafo e produtor nado en Colombia no 1959.
Antes de dedicarse á fotografía, estudou Historia Medieval en Harvard e logo no American Film Institute. A partir do ano 2000, iníciase como cineasta, a súa primeira longametraxe foi Cosas que diría con solo mirarla (2000), Premio de Un Certain Regard en Cannes. Logo viñeron Diez pequeñas historias de amor (2001), Nueve Vidas (2005), Madres e hijas (2009) e Albert Nobbs (2011).
Ten dirixido tamén capítulos de series de televisión nos Estados Unidos, Los Soprano ou Six Feet Under.
Untitled Paul Attanasio Project, un filme para a televisión é o seu último proxecto.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://cinedivergente.com/festhttp://www.cinepremiere.com.mx
https://www.cineralia.com/2017
https://www.youtube.com/watch?
https://www.youtube.com/watch?
https://www.youtube.com/watch?
Posted by
Fernando Llor



