O fundador


THE   FOUNDER 
(O FUNDADOR)

           USA    2016;   112’   V.O.S.C. 



                                        



SINOPSE
Biopic do creador de McDonald's. Nos anos 50, un vendedor de Illinois chamado Ray Kroc, atópase cos irmáns Richard e Maurice McDonald, que tiñan unha hamburguesaría no sur de California. Impresionado pola velocidade do sistema de cociña foi quen de visualizar o potencial da franquía e foi tomando posicións até arrebatárllelo e crear o imperio actual.



JOHN  LEE  HANCOCK
Guionista, produtor e  realizador nado en 1956 en Texas, USA. É licenciado en Dereito pola Universidade de Baylor, Texas, (Estados Unidos). Tamén acadou  unha licenciatura en inglés, na mesma universidade. Tras exercer  durante catro   anos para un  despacho de avogados de Houston, decidiu mudarse aos Ánxeles perseguindo o  seu soño de converterse en cineasta. Iníciase como guionista con Un mundo perfecto (1993),  dirixida e protagonizada por Clint Eastwood e  Medianoite no xardín do ben e do mal (1997), dirixida de novo por Clint Eastwood, con John Cusack e Kevin Spacey.
Entre as súas  realizacións temos, O novato (2002),  O Alamo (2004), Un soño posible (2009), Ao encontro de Mr. Banks (2013).
Este é o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Deus bendiga Islandia


GUР BLESSI  ÍSLAND
(DEUS  BENDIGA  ISLANDIA)
ISLANDIA     2009;   70’    V.O.S.C. 








MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE, ONE WORLD HUMAN RIGHTS,  ÁMSTERDAM, 2010



SINOPSE
Hai uns anos Islandia era un dos países máis prósperos do mundo. Pero, nun abrir e pechar de ollos, converteuse na máis crúa metáfora da crise global e do incontrolable erro do capitalismo.

HELGI   FELIXSON
Guionista, realizador, produtor, e fotógrafo nado en Reykjavik.
Cursa estudos de teatro e cine en Suecia. Ten traballado como actor, produtor e director en diferentes grupos de teatro. Dirixe Felix Film AB en Estocolmo, unha produtora a través da cal realiza os seus proxectos documentais. Entre eles, The Condor Man (2002), Beneath the Stars (2005), Catch the Moment (2008) e Skatfellingur (2009),  filme que tamén se sitúa en Islandia e amosa a preparación dunha pequena comunidade do sur do país ante unha inminente erupción volcánica.
O seu último traballo é Vive la France (2014)

Aí van algúns enlaces sobre o filme:
https://cachecine.blogspot.com.es/2012/12/crisis-economica-dia-1-critica-de-god.html?m=1
https://larepublicacultural.es/article4226.html
http://elcaminodelnorte.blogspot.com.es/2013/05/dios-bendiga-islandia.html
https://elfaro.is/2016/10/05/6102008-el-discurso-completo-de-geir-haarde-anunciando-el-colapso-financiero-de-islandia/

Posted by
Fernando Llor

+Info

Derradeiros días no deserto


                                                       

 LAST  DAYS  IN  THE  DESERT  

(DERRADEIROS DÍAS NO DESERTO)  

USA    2015;   95’   V.O.S.C.








SINOPSE
Na procura de respostas que o axuden a entender e realizar mellor a súa misión, Xesús intérnase no deserto. No medio dunha árida paisaxe, ante a fatiga e as alucinacións pola calor e a soidade, ten unha conversa co Demo, ansioso de tentar o cansado  viaxeiro.


RODRIGO GARCÍA
Realizador, guionista, fotógrafo  e  produtor nado en Colombia no 1959.
Antes de dedicarse á fotografía, estudou Historia Medieval en Harvard e logo no American Film Institute. A partir do ano 2000, iníciase como cineasta, a súa primeira longametraxe foi Cosas que diría con solo mirarla (2000), Premio de Un Certain Regard en Cannes. Logo viñeron Diez pequeñas historias de amor (2001),  Nueve Vidas (2005),  Madres e hijas (2009) e Albert Nobbs (2011).
Ten dirixido tamén capítulos de series de televisión nos Estados Unidos,  Los Soprano ou Six Feet Under.
Untitled Paul Attanasio Project, un filme para a televisión é o seu último proxecto.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://cinedivergente.com/festivales/festivales-2015/sitges-2015/last-days-in-the-desert
http://www.cinepremiere.com.mx/los-ultimos-dias-en-el-desierto-critica-60922.html
https://www.cineralia.com/2017/03/24/critica-de-ultimos-dias-en-el-desierto/
https://www.youtube.com/watch?v=OD3GVpchM08
https://www.youtube.com/watch?v=8BKnP82VxI8
https://www.youtube.com/watch?v=P1i7fQ7sbGg

Posted by
Fernando Llor

+Info

A vida de Anna


18  SETEMBRO; Luns ás 20:30h

ANNA'S  LIFE   de   NINO   BASILIA
(A VIDA DE ANNA)
                          XEORXIA 2016; 108’ V.O.S.C.
                                         









PREMIO LÚA DE VALENCIA Á MELLOR LONGAMETRAXE, 2016
PREMIO FIPRESCI AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DO CAIRO 2016




SINOPSE
Unha nai solteira de 32 anos decide irse aos Estados Unidos na busca dunha vida mellor para ela e o seu fillo autista. Vende a súa casa e cos cartos intenta acadar un visado ilegal a través dun intermediario na embaixada.



NINO BASILIA

Guionista, produtora, fotógrafa e realizadora xeorxiana. Días de cine (2016), unha serie para a televisión, é o seu inicio profesional no medio audiovisual.
Con este filme debuta na longametraxe; é tamén o seu último traballo.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://www.cinemaldito.com/la-vida-de-anna-nino-basilia/
http://cineuropa.org/ff.aspx?t=ffocusinterview&l=es&tid=3137&did=319657
http://www.elperiodico.com/es/noticias/ocio-y-cultura/entrevista-nino-basilia-la-vida-de-anna-6122775
https://www.elcineenlasombra.com/la-vida-de-anna-critica/
http://www.urbanvlc.com/noticias/2017/06/15/nino-basilia/
http://www.rtve.es/alacarta/videos/dias-de-cine/vida-anna/4067525/
https://www.youtube.com/watch?v=Edt1ptEFX4g
https://www.youtube.com/watch?v=NRX2mKbS6J8

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger