Casa no campo


TIGMI N IGREN   de   TALA  HADID  
(CASA NO CAMPO)   
MARROCOS/QATAR   2016;   86’   V.O.S.C.








PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HONG KONG 2017
PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE AFRICANO DE MILAN 2017
PREMIO NON FICCIÓN Á DIRECCIÓN NO MILLENNIUM DOCUMENTOS CONTRA A GRAVEDADE 2017
GRAN PREMIO 2M DE FIDADOC 2017

SINOPSE

Presenta a historia milenaria dos amazigh en Marrocos. Ten sido en gran parte contada, preservada e transmitida oralmente por bardos e contacontos nas comunidades pastorais de fala tamazight. O documental segue esta tradición con medios audiovisuais e intenta realizar un retrato fiel desta comunidade.

TALA HADID

Realizadora, guionista, fotógrafa, montadora e produtora nada en 1974 en Londres.Coproduce e dirixe a súa primeira longametraxe mentres estudaba na Brown University . O filme, Poeta sagrado, centra a lente no poeta e cineasta italiano Pier Paolo Pasolini, con entrevistas a Laura Betti, Bernardo Bertolucci, Sergio Citti e Ninetto Davoli. Tras varias curtametraxes no ano 2000, mentres traballaba nun proxecto sobre a comunidade xitana macedonia en Nápoles, acada en Italia unha bolsa para estudar cine na Universidade de Columbia, en Nova York. No 2001, dirixe en San Petersburgo Windsleepers, cos poetas Genya Turovskaya e Vladimir Kucheriavkin. No 2005, remata a súa tese co filme Tes Cheveux Noirs Ihsan, rodado en Marrocos proxectado e premiado en numerosos festivais de cine.

O seu traballo ten sido exposto no MOMA, no Walker Art Center en Minneapolis, o Museo Nacional de Mulleres nas Artes en Washington, L'Institut du Monde Arabe en París, Goteberg Kunsthalle en Suecia, Instituto Goethe, no Cairo, na Bienal de Sevilla, na Galería Jonathon Schorr de Nova York, no LACMA nos Ángeles, na Filmoteca de París, na Galería dos Fotógrafos de Londres e Filmoteca de Tánger. Entre 2010/2011, traballa no proxecto independente Heterotopia, unha serie de fotografías que documentan a vida nun bordel de Nova York. En 2012 acada a bolsa Peters Reed Foundation por o seu traballo documental en Marrocos. No outono de 2013 publican na serie Stern Fotografie Portfolio de fotógrafos emerxentes, un pequeno volume cunha selección das súas fotografías. A longametraxe Itarr el Layl (2014), tamén foi proxectada e premiada en numerosos festivais.


Este filme foi seleccionado para proxectarse como obra en curso na edición número 72 do Festival Internacional de Cine de Venecia. É o seu último traballo.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

O fundador


THE   FOUNDER 
(O FUNDADOR)

           USA    2016;   112’   V.O.S.C. 



                                        



SINOPSE
Biopic do creador de McDonald's. Nos anos 50, un vendedor de Illinois chamado Ray Kroc, atópase cos irmáns Richard e Maurice McDonald, que tiñan unha hamburguesaría no sur de California. Impresionado pola velocidade do sistema de cociña foi quen de visualizar o potencial da franquía e foi tomando posicións até arrebatárllelo e crear o imperio actual.



JOHN  LEE  HANCOCK
Guionista, produtor e  realizador nado en 1956 en Texas, USA. É licenciado en Dereito pola Universidade de Baylor, Texas, (Estados Unidos). Tamén acadou  unha licenciatura en inglés, na mesma universidade. Tras exercer  durante catro   anos para un  despacho de avogados de Houston, decidiu mudarse aos Ánxeles perseguindo o  seu soño de converterse en cineasta. Iníciase como guionista con Un mundo perfecto (1993),  dirixida e protagonizada por Clint Eastwood e  Medianoite no xardín do ben e do mal (1997), dirixida de novo por Clint Eastwood, con John Cusack e Kevin Spacey.
Entre as súas  realizacións temos, O novato (2002),  O Alamo (2004), Un soño posible (2009), Ao encontro de Mr. Banks (2013).
Este é o seu último traballo.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Deus bendiga Islandia


GUР BLESSI  ÍSLAND
(DEUS  BENDIGA  ISLANDIA)
ISLANDIA     2009;   70’    V.O.S.C. 








MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE, ONE WORLD HUMAN RIGHTS,  ÁMSTERDAM, 2010



SINOPSE
Hai uns anos Islandia era un dos países máis prósperos do mundo. Pero, nun abrir e pechar de ollos, converteuse na máis crúa metáfora da crise global e do incontrolable erro do capitalismo.

HELGI   FELIXSON
Guionista, realizador, produtor, e fotógrafo nado en Reykjavik.
Cursa estudos de teatro e cine en Suecia. Ten traballado como actor, produtor e director en diferentes grupos de teatro. Dirixe Felix Film AB en Estocolmo, unha produtora a través da cal realiza os seus proxectos documentais. Entre eles, The Condor Man (2002), Beneath the Stars (2005), Catch the Moment (2008) e Skatfellingur (2009),  filme que tamén se sitúa en Islandia e amosa a preparación dunha pequena comunidade do sur do país ante unha inminente erupción volcánica.
O seu último traballo é Vive la France (2014)

Aí van algúns enlaces sobre o filme:
https://cachecine.blogspot.com.es/2012/12/crisis-economica-dia-1-critica-de-god.html?m=1
https://larepublicacultural.es/article4226.html
http://elcaminodelnorte.blogspot.com.es/2013/05/dios-bendiga-islandia.html
https://elfaro.is/2016/10/05/6102008-el-discurso-completo-de-geir-haarde-anunciando-el-colapso-financiero-de-islandia/

Posted by
Fernando Llor

+Info

Derradeiros días no deserto


                                                       

 LAST  DAYS  IN  THE  DESERT  

(DERRADEIROS DÍAS NO DESERTO)  

USA    2015;   95’   V.O.S.C.








SINOPSE
Na procura de respostas que o axuden a entender e realizar mellor a súa misión, Xesús intérnase no deserto. No medio dunha árida paisaxe, ante a fatiga e as alucinacións pola calor e a soidade, ten unha conversa co Demo, ansioso de tentar o cansado  viaxeiro.


RODRIGO GARCÍA
Realizador, guionista, fotógrafo  e  produtor nado en Colombia no 1959.
Antes de dedicarse á fotografía, estudou Historia Medieval en Harvard e logo no American Film Institute. A partir do ano 2000, iníciase como cineasta, a súa primeira longametraxe foi Cosas que diría con solo mirarla (2000), Premio de Un Certain Regard en Cannes. Logo viñeron Diez pequeñas historias de amor (2001),  Nueve Vidas (2005),  Madres e hijas (2009) e Albert Nobbs (2011).
Ten dirixido tamén capítulos de series de televisión nos Estados Unidos,  Los Soprano ou Six Feet Under.
Untitled Paul Attanasio Project, un filme para a televisión é o seu último proxecto.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://cinedivergente.com/festivales/festivales-2015/sitges-2015/last-days-in-the-desert
http://www.cinepremiere.com.mx/los-ultimos-dias-en-el-desierto-critica-60922.html
https://www.cineralia.com/2017/03/24/critica-de-ultimos-dias-en-el-desierto/
https://www.youtube.com/watch?v=OD3GVpchM08
https://www.youtube.com/watch?v=8BKnP82VxI8
https://www.youtube.com/watch?v=P1i7fQ7sbGg

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger