PREMIO XUSTIZA SOCIAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE SANTA BÁRBARA 2017
PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL DE CINE AVAILABLE LIGHT 2017
PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL HOT DOCS FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL CANADIANO 2016
PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL HOT DOCS FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL CANADIANO 2016
SINOPSE
A cineasta examina o papel central da caza de focas na vida dos Inuit. Son o seu alimento base, e ten un rol central no ámbito social e na identidade da cultura indíxena que habita as tundras do norte de Canadá, Alasca e Groenlandia. Tamén, a importancia dos ingresos que acadan coas vendas de peles e o impacto negativo que as campañas internacionais contra a caza de focas teñen provocado nas súas vidas.
ALETHEA ARNAQUQ-BARIL
Guionista, realizadora, produtora, e fotógrafa nada no Ártico Canadense. Dende a súa produtora, Unikkaat Studios, ten dirixido os documentais Tunniit: Retracing the Lines of Inuit Tattoos, as curtametraxes Inuit High Kick, Lumaajuuq e Sloth.
No seu traballo como produtora executiva ten coproducido Arctic Defenders, un documental de John Walker, e o documental Experimental Eskimos.
O seu último traballo é The Grizzlies, aínda sen rematar.
O seu último traballo é The Grizzlies, aínda sen rematar.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
Posted by
Fernando Llor



