Non sei decir adeus


XANEIRO 15
NO SÉ DECIR ADIÓS
(NON SEI DECIR ADEUS) de LINO ESCALERA
Luns ás 20:30h ESPAÑA 2017; 96’ V.O.



                 

                                    




-PREMIOS BIZNAGA DE PRATA DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR, Á MELLOR 
ACTRIZ (NATHALIE POZA), AO MELLOR ACTOR DE REPARTO (JUAN DIEGO), E 
MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL DE CINE ESPAÑOL DE MÁLAGA, 2017
-PREMIO Á MELLOR ACTRIZ (NATHALIE POZA), Á MELLOR FOTOGRAFÍA

 (SANTIAGO RACAJ), NO FESTIVAL DE CINE TOULOUSE CINESPAÑA, 2017
-PREMIO PANTALLA ABERTA Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL DE 

CURTAMETAXES DE ALCALÁ DE HENARES, MADRID, 2017


SINOPSE

Carla recibe unha chamada dunha vila de Almería na que se criou: o seu pai, co 
que mantén unha relación difícil, está moi enfermo. Carla non quere afrontalo, 
e decide pola súa conta, levalo a Barcelona, onde está segura de que acadarán 
sanalo. Ambos emprenden unha viaxe contrarreloj onde intentarán fuxir da morte
e recuperar o tempo perdido.


LINO   ESCALERA

Director, guionista e produtor.
Iníciase na dirección coa realización de varias curtametraxes e series para a televisión.
Entre a súa filmografía destacamos: Amarantado (2000), Espacio 2 (2001), Amorzar,
xantar, cear, durmir
 (2003), Elena quere (2007), Armas de muller (2008), Cambio
de clase TV Series
 (2008), II Australia (2017).

Este filme é o seu debut na longametraxe, tamén, o último traballo como director.


Posted by
Fernando Llor

+Info

O marabilloso reino de Papá Alaev

XANEIRO 08
THE WONDERFUL KINGDOM OF PAPA ALAE
(O MARABILLOSO REINO DE PAPA ALAEV) de TAL BARDA e NOAM PINCHAS
Luns ás 20:30h ISRAEL/FRANCIA 2016; 75’ V.O.S.C

                                      
  
                          


SINOPSE

Papa Alaev, é o patriarca dunha familia de músicos virtuosos de Tayikistán. Carismático e divertido, ten liderado con man de ferro o grupo musical The Alaev Family. Coa caída da Unión Soviética, Papa Alaev toma a decisión unilateral de marchar do seu país natal e toda a familia se traslada a vivir a Israel.

El demanda obediencia, dende a comida que se leva a mesa até o instrumento que deberán tocar. Con 81 anos, ten problemas cos máis mozos que se rebelan contra a súa rixidez.


Un drama shakesperiano con una banda sonora vibrante.

TAL BARDA

Directora e produtora nada en 1983 en Israel. Estuda Cine e Televisión na Universidade de Tel Aviv, e Historia da Arte na Universidade de Toulouse. Ten dirixido e producido varios documentais, un dos máis destacados é A Heartbeat Away (2015), sobre a terrible experiencia dun pediatra e cardiólogo israelí nun hospital de Tanzania.

Este é o seu último traballo.

NOAM PINCHAS

Director, productor e guionista nado no 1974 en Israel. Estuda no North East College of Communications de Boston. Dende 2006 ten estado rodando documentais baseados en personaxes carismáticos. No 2013 coproduxo con Shirly Berkovitz, O bo fillo, premiado no IDFA.

Este é o seu último traballo.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:  
http://41.mostra.org/br/conteudo/entrevistas/465-Tal-Barda,-diretora-de-ldquoO-Incrivel-Reino-de-Papa-Alaevrdquo
http://elagentecine.cl/2017/07/27/el-maravilloso-reino-de-papa-alaev-el-peso-de-la-tradicion/
http://www.elmostrador.cl/cultura/2017/07/26/documental-el-maravilloso-reino-de-papa-alaev-del-ciclo-docsbarcelona-del-mes/
https://www.youtube.com/watch?v=PMxmvKQDXno

Posted by
Fernando Llor

+Info

Aurora



 
JAMAIS  CONTENTE  de  EMILIE   DELEUZE

 (AURORA)

 FRANCIA   2016;   90’    V.O.S.C.  








PREMIO OSO DE CRISTAL AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE  BERLIN, 2016
PREMIO DA AUDIENCIA MOZA Á MELLOR DIRECTORA NOS PREMIOS DO CINE EUROPEO, 2016



SINOPSE
Baseado na novela de Marie Desplechin. 
Aurora non acada as  mellores notas, pero definitivamente, non é parva. Ten un xeito peculiar de ollar e comentar a súa contorna; a súa familia, os mozos, o seu profesor de francés e tamén, ela mesma.


EMILIE DELEUZE
Guionista, realizadora e montadora francesa nada no ano 1964.
Iníciase como realizadora no ano 1986, coas curtametraxes Un homme faible (1986), Monsieur Pierre (1986) e Coup de sang (1990).
Debuta na longametraxe con Va mourir (1991). Tras rodar varias series e curtametraxes volta a longametraxe con À l'aube (1999) e  Mister V. (2003).
Este é o seu último traballo.

Posted by
Fernando Llor

+Info

Entre os dous


YOU'RE  UGLY  TOO   
de  MARK NOONAN  
(ENTRE OS DOUS)  

IRLANDA    2015;    82’    V.O.S.C.
  







PREMIO AO MELLOR FILME NO GALWAY FILM FLEADH, 2015
PREMIO MELLOR GUIÓN NO SKIP CITY INTERNATIONAL D-CINEMA FESTIVAL, 2015

PREMIO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ATENAS , 2015
PREMIO Á MELLOR CARACTERIZACIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE IRLANDÉS DE BOSTON, 2016


SINOPSE
Un home acada a liberdade condicional para coidar da súa sobriña orfa.  Hai moitos obstáculos que zafar mentres atopan un fogar  provisional. El non fai caso ás súas obrigas coa lei, e a  moza  ten  una narcolepsia desenvolvida nos últimos meses.


MARK NOONAN  
Realizador, guionista, fotógrafo, montador e produtor nado en 1982 in Galway, Irlanda 1974. A cabalo entre París e Dublín. Gradúase na Berlinale Talent Campus en 2011, a súa primeira curtametraxe Preguntas, acada o Premio Claire Lynch no Festival Internacional de Cine de Cork e unha Mención de Honra no Galway Film Fleadh.
Con este filme debuta na longametraxe, presentada no Festival Internacional de Cine de Berlín 2015, onde foi nomeado ao Mellor Filme Novel.
Actualmente atópase desenvolvendo o filme documental Kevin Roche: The Quiet Architect,  aínda sen rematar.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://ocio.laopinioncoruna.es/cine/criticas/entre-dos-debut-madurez-nws590731.html
http://www.cinemaldito.com/entre-los-dos-mark-noonan/
https://www.ecartelera.com/noticias/39606/critica-entre-los-dos-mark-noonan/
https://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/181970.html

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger