A orden divina

DIE   GÖTTLICHE   ORDNUNG
(A  ORDEN  DIVINA)   de   PETRA   BIONDINA   VOLPE
SUÍZA   2017;   95’   V.O.S.C.
             
                                                    







PREMIO AO MELLOR CINE GLOBAL, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SAN DIEGO, 2017
MELLOR ACTRIZ, BESTE DARSTELLERIN, MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA, MARIE LEUENBERGER E MELLOR GUIÓN, NOS PREMIOS DO CINE SUÍZO, 2017
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME ESTRANXEIRO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE TRAVERSE CITY, 2017
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR GUIÓN, PREMIO DO XURADO Á MELLOR ACTRIZ MARIE LEUENBERGER, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TRIBECA, 2017
      

SINOPSE
En 1971 as mulleres aínda non podían votar en Suíza. Nora, unha ama de casa moza, con dous fillos, que vive nunha pequena vila onde as novas das protestas polos dereitos civís, a revolución sexual e os movementos contraculturais apenas son un tema de discusión.

PETRA   BIONDINA   VOLPE
Directora, guionista e montadora nada en 1970 en Suhr, Suíza. Graduada na Universidade Das Artes de Zürich entre 1992 e 1994. Logo múdase a Nova York durante un ano, de volta a Zürich traballa como editora para a empresa estadounidense AVID Technology.  En 1997, matricúlase na Academia de Cine Konrad Wolf en Potsdam-Babelsberg, alí estuda guión e realización. Dirixe varias curtametraxes, Crevetten  (2001), coa que acada varios premios en festivais internacionais. La fidanzata (2004). Schlorkbabies an der Raststätte  (2005), grazas a cal acada unha bolsa de investigación.  Dende 2003  traballa como directora e guionista entre Berlín e Nova York. Tamén ten dirixido varias series para a televisión.

Este é o seu último traballo.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

http://cineuropa.org/ff.aspx?t=ffocus&l=es&did=327180
https://www.lahiguera.net/cinemania/pelicula/8053/comentario.php
https://elpais.com/elpais/2017/11/02/opinion/1509640960_918857.html
https://www.filmin.es/blog/cronica-gijon-2017-el-orden-divino-con-ellas-llego-el-destape 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Destinos

 

POSOKI    de    STEPHAN   KOMANDAREV
      (DESTINOS) 

   ás  20:30h  BULGARIA  2017;     103'   V.O.S.C.




                                                           







2017: FESTIVAL DE XIXÓN: MELLOR GUIÓN


SINOPSE

Nunha reunión co seu banqueiro, o dono dun pequeno negocio descobre que ten que pagar un suborno para acadar un préstamo. El dispáralle ao banqueiro e logo a si mesmo. Este incidente causa un enorme eco de ámbito nacional, cuestionando o desencanto da sociedade. Mentres, seis taxistas e os seus pasaxeiros desprázanse coa esperanza de atopar un futuro mellor.


STEPHAN KOMANDAREV

Director, guionista e produtor nado en Sofía en 1966. Graduado en Dirección de Cine e Televisión na Nova Universidade de Bulgaria en 1998. Un ano máis tarde funda a súa propia produtora: Argo. Iníciase na longametraxe con Dog's Home, estreada na sección Fórum da Berlinale en 2001. Co segundo filme, O mundo é grande e a felicidade está á volta da esquina , acada premios en festivais de medio mundo e foi preseleccioado para os Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2009.

Na súa faceta de documentalista ten estreado títulos como: Home for Someone Else (2012), The Town of Badante Women (2009), Alphabet of Hope (2003), Bread over the Fence (2002). The Judgment (2014), foi o seguinte traballo de ficción.

Este foi o seu último traballo.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

http://www.publico.es/culturas/stephan-komandarev-pobreza-mayor-enemigo-democracia.htm
http://www.cinemaldito.com/destinos-stephan-komandarev/
http://www.eldiario.es/cultura/Festival-Cine-Gijon-Destinos-Bulgaria_0_710779784.html
http://www.elmundo.es/metropoli/cine/2017/11/30/5a1edd4dca4741f35b8b45e4.html
https://elpais.com/cultura/2017/11/30/actualidad/1512038136_491029.html
http://www.sensacine.com/noticias/cine/noticia-18562356/

Posted by
Fernando Llor

+Info

Un minuto de gloria


SLAVA   de   KRISTINA  GROZEVA  e  PETAR  VALCHANOV  
       (UN  MINUTO DE GLORIA)  
      ás  20:30h  BULGARIA  2016;     101'   V.O.S.C.


                                 
                                                       



2016: FESTIVAL DE XIXÓN: MELLOR FILME, GUIÓN E PREMIO FIPRESCI
2016: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE GHENT, MENCIÓN ESPECIAL Á MELLOR DIRECCIÓN
2016: PREMIO GOLDEN ROSE AO MELLOR GUIÓN, DIRECCIÓN E FOTOGRAFÍA
2016: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE HAMPTONS, PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN
2016: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LOCARNO, PREMIO DON QUIJOTE Á MELLOR DIRECCIÓN
2016: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MINSK PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME
2017: FESTIVAL DE EDIMBURGO (EIFF): MELLOR FILME INTERNACIONAL
2017: ART FILM FESTIVAL PREMIO ANXO AZUL AO MELLOR FILME
2017: SOCIEDADE DE CRÍTICOS DE CINE DE DUBLIN PREMIO AO MELLOR GUIÓN
2017: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DUBLIN PREMIO DA CRÍTICA AO MELLOR GUIÓN
2017: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE EDIMBURGO PREMIO AO MELLOR FILME
2017: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE FAJR, PREMIO Á MELLOR ACTRIZ (MARGITA GOSHEVA), E AO MELLOR ACTOR (STEFAN DENOLYUBOV)
2017: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LUXEMBURGO PREMIO DA CRÍTICA Á MELLOR DIRECCIÓN
2017: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SOFIA, MELLOR FILME, PREMIO DA CRÍTICA
2017: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TIRANA, PREMIO MELLOR FILME E MELLOR DIRECCIÓN
2017: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TRANSILVANIA, PREMIO ESPECIAL DO XURADO
2017: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VILNIUS, PREMIO CICAE Á MELLOR DIRECCIÓN



SINOPSE


Un traballador do ferrocarril atopa uns cartos nas vías do tren, decide devolver a totalidade do importe á policía. O estado recompénsao por iso cun novo reloxo de pulseira que logo deixa de funcionar. Mentres, a xefa de relacións públicas no Ministerio de Transporte perde o seu vello reloxo.  Desesperadas dun reloxo e da dignidade.


KRISTINA GROZEVA e PETAR VALCHANOV


Directores, actores, montadores, guionistas e produtores.

Diplomados na Escola Nacional de Cine de Sofía. Tras traballar e probar o éxito na curtametraxe en festivais como Clemont-Ferrand, Busán e Bruxelas, e optar no 2013 ao premio á mellor curtametraxe europea da EFA con Jump. Urok (A lección), supuxo o seu debut na longametraxe no ano 2014, acadando numerosos premios.

Este filme é o seu último traballo.

Posted by
Fernando Llor

+Info

Xericó, o infinito vóo dos días


XANEIRO 22
JERICÓ, EL INFINITO VUELO DE LOS DÍAS
(XERICÓ, O INFINITO VÓO DOS DÍAS) de CATALINA MESA
Luns ás 20:30h COLOMBIA 2017; 95’ V.O.




                                                  

                                                


SINOPSE

Xericó, é unha colorida vila colombiana entre montañas onde parece que o tempo está detido. Nesta comunidade, cunha clara influenza relixiosa, oito mulleres protagonizan unha historia centrada nos relatos íntimos. Relatos que amosan a súa coraxe que sirve de fío condutor para comprender a importancia dos afectos apegados a vida cotiá.

CATALINA MESA

Directora, guionista e fotógrafa colombiana. Acada formación en ballet clásico e danza contemporánea no seu país para logo viaxar a Boston a estudar Management e Comunicacións no Boston College. Ao rematar, marcha a Nova York a traballar como produtora realizando proxectos transmedia para marcas e revistas europeas. Máis tarde viaxa a París para realizar unha licenciatura en Historia da Arte do Espectáculo e unha Diplomatura en Letras na Sorbona; Nesa época viaxa á India, Xapón e Bután, cuxa experiencia ten froito nun primeiro libro de poesía e fotografía, Elixir do dragón. Continúa a súa formación académica na Escola Gobelins de París, onde realiza ciclos de fotografía, vídeo e montaxe. Máis tarde inicia estudos de dirección na escola de cine La Fémis – Escola Nacional de Cinematografía de Francia- e marcha ós Estados Unidos, para realizar cursos de cinematografía dixital e dirección na Universidade de California. Paralelamente a esta etapa de formación monta en París a produtora Miravus, coa que ten ha realizado diversos proxectos fotográficos e audiovisuais para marcas de moda como American Retro e para a marca de vestidos de baño, Auga Bendita; revistas como Décoration d’exception, Maroc; fotografías para a Artista Alexandra Athanassiades, do seu traballo exhibido na Galería Dutko, ubicada en París; dirección artística e creación de contidos para o soporte de comunicación en línea e impresión da marca N&C París, Decopolitan, a arquitecta de interiores Naguissa Tajan, e a toma de fotografías e post-produción para o traballo discográfico de Travelers, agrupación de jazz.

Tras realizar un documental que narra a evolución dun proxecto de transformación urbana, Farm for change, decide voltar a Colombia para cumplir coa promesa de celebrar a memoria da súa tía avoa Ruth Mesa, reencontrándose coa súa cultura de orixe na vila de Xericó. Con este traballo debuta na longametraxe.

O seu último traballo como directora é o documental Ecos de Xericó.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:  

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger