WESTERN de VALESKA GRISEBACH
(WESTERN)
ALEMAÑA 2017; 100’ V.O.S.C.
2017: FESTIVAL MAR DA PRATA: MELLOR DIRECTOR
2017: FESTIVAL DE SEVILLA: PREMIO ESPECIAL DO XURADO
2017: PREMIO ANXO AZUL Á MELLOR DIRECTORA NO ART FILM FESTIVAL
2017: PREMIO DO XURADO Á DIRECTORA NO YEREVAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2017: PREMIO MENCIÓN DE HONRA Á DIRECTORA NO JERUSALEM FILM FESTIVAL
2017: PREMIO FIPRESCI Á MELLOR DIRECCIÓN NO MOTOVUN FILM FESTIVAL
2017: PREMIO FIPRESCI E PREMIO DO XURADO NO T-MOBILE NEW HORIZONS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, POLAND
2017: FESTIVAL DE SEVILLA: PREMIO ESPECIAL DO XURADO
2017: PREMIO ANXO AZUL Á MELLOR DIRECTORA NO ART FILM FESTIVAL
2017: PREMIO DO XURADO Á DIRECTORA NO YEREVAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2017: PREMIO MENCIÓN DE HONRA Á DIRECTORA NO JERUSALEM FILM FESTIVAL
2017: PREMIO FIPRESCI Á MELLOR DIRECCIÓN NO MOTOVUN FILM FESTIVAL
2017: PREMIO FIPRESCI E PREMIO DO XURADO NO T-MOBILE NEW HORIZONS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, POLAND
2018: PREMIO DOS CRÍTICOS DO CINE ALEMÁN Á MELLOR LONGAMETRAXE DO ANO 2017, E PREMIO AO MELLOR ACTOR, MEINHARD NEUMANN
2018: PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME NO ISTANBUL INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
SINOPSE
Unha cuadrilla de obreiros alemáns desprázase a unha vila búlgara para traballar na posta en marcha dunha central hidráulica. Molesta o seu descaro groseiro, e ofende a saña eficiente coa que rozan a paisaxe, e os agravios das súas suores masculinas de rematar coa paga no bar e berrar agudo ao paso das mozas.
VALESKA GRISEBACH
Realizadora, guionista, editora e produtora nada en 1968 in Bremen, Alemaña. Primeiro estuda Filosofía e Literatura en Berlín, Munich e Viena; En 1993, empeza a estudiar Dirección na Academia de Cine de Viena, onde figuras como Peter Patzak, Wolfgang Glück e Michael Haneke estaban entre os docentes. O filme de graduación My Star (2001), unha historia de amor suave sobre dous adolescentes acada o Premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cine de Toronto e Premio ao Mellor filme no Festival de Cine de Turín. En Alemaña, acadou o Premio Primeiros Pasos. Sehnsucht (2004-2006), foi o seguinte traballo, unha historia de relacións composta na maior parte por actores e actrices non profesionais, coa que acadou tamén grandes éxitos de crítica e público.
Para a exposición "Pain", unha exposición conxunta do Museo de Historia Médica de Berlín e a Hamburger Bahnhof, produciu o vídeo documental Scars en 2007, onde a xente fala sobre as cicatrices non desexadas ou desexadas e os recordos asociados da dor. Nos anos seguintes, traballa como profesora na Academia Alemá de Cine e Televisión de Berlín (dffb) e de asesora de guións, entre eles: The Education (2011) e Toni Erdmann (2016).
Esta é a terceira longametraxe e o seu último traballo.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
Posted by
Fernando Llor



