DAS SCHWEIGENDE KLASSENZIMMER
(A REVOLUCIÓN SILENCIOSA) de LARS KRAUME
ALEMAÑA 2018; 111’ V.O.S.C.
2018: PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MUNICH
2018: PREMIO AO MELLOR ACTOR MOZO, JONAS DASSLER, NOS PREMIOS DO CINE BÁVARO
2018: PREMIO AO MELLOR ACTOR MOZO, JONAS DASSLER, NOS PREMIOS DO CINE BÁVARO
SINOPSE
A partir dos feitos reais descritos na novela autobiográfica de Dietrich Garstka, The silent classroom, publicada no 2006. A acción transcorre na dividida Alemaña de 1956, cando o muro aínda non se alzara; dous estudantes exploran secretamente a cara occidental da cidade onde descobren a revolta do pobo húngaro nos noticiarios. A súa loita pola liberdade espertará as simpatías de toda unha clase a punto de graduarse que, en solidariedade cos seus veciños europeos, deciden gardar un minuto de silencio nas aulas en honor ás vítimas, desafiando as doutrinas ideolóxicas do leste.
LARS KRAUME
Director, produtor e guionista nado no 1973 en Italia. Ten dirixido numerosas producións de televisión, mesmo varios episodios da serie de crimes Tatort e a súa propia mini-serie de crimes Dengler. Iníciase no cine coa curtametraxe Life Is Too Short to Dance with Ugly Women (1996). Co seu filme The People vs. Fritz Bauer (2015), debuta na longametraxe e foi nomeada a nove premios da academia de cine alemán, acadando seis.
Este é o seu último traballo.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
Posted by
Fernando Llor



