THOROUGHBREDS
(PURASANGUE) de CORY FINLEY
USA 2017; 90’ V.O.S.C.
2017: PREMIO REEL SOCIAL CLUB INDIE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE
SINOPSE
Dúas mozas reavivan a súa amizade tras vivir anos separadas. No proceso, aprenden que non todo é o que parece e que un asasinato solucionaría moitos dos seus problemas.
CORY FINLEY
Director e guionista estadounidense.
Iníciase no cine con este traballo que ten muito de sátira e comedia negra. O texto ía ser unha obra de teatro pero rematou convertido nun guión cinematográfico. O filme foi estreado no Festival de Sundance de 2017, pasou un ano de festival en festival e chega agora ás salas de cine. Conta tamén coa presenza de Anton Yelchin (Star Trek), no que sería o seu último traballo antes do seu prematuro falecemento no 2016.
O guión da curtametraxe Sauna (2018) e a longametraxe Bad Education, aínda sen rematar son os seus últimos traballos.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
Posted by
Fernando Llor



