A quietude

ABRIL               LA   QUIETUD   de   PABLO   TRAPERO
1                             (A QUIETUDE)  
Luns ás 20:30h         ARXENTINA    2018;   117’   V.O.
                                        





SINOPSE
Dúas irmáns teñen un rencontro tras moito tempo separadas. Unha regresa polo fráxil estado de saúde do pai, e a outra, pretende que nada mude. Xunto á nai, as tres estarán obrigadas a reconstruír o pasado e a enfrentar os desafíos do presente



PABLO TRAPERO
Director, produtor, actor, montador e guionista nado no 1971 en Bos Aires. É un dos máximos expoñentes do novo cine arxentino que xurdiu a mediados dos anos noventa. Os seus filmes son de corte realista, case documentais, nos que retrata a xente normal en actividades cotiás e destacando as inxustizas da sociedade contemporánea. Estuda Dirección na Fundación Universidade do Cine (FUC), en Bos Aires. En 1996 crea, xunto a outros realizadores mozos, Cinematográfica Sargentina, a súa primeira compañía de produción. En 1999 debuta como director con Mundo grúa, coa que acada numerosos premios nos festivais de cine e dáse a coñecer internacionalmente. En 2001 realiza a mediometraxe Naikor. Logo roda O Bonaerense (2002).
En 2002 funda 
Matanza Cine, unha nova compañía de produción de cine independente.
Entre a súa filmografía destacamos, Familia rodante (2004), Nacido e criado (2006), Leonera (2008), Carancho (2010), Elefante branco (2012), O Clan (2015). Rotterdam. I Love You (2019), aínda sen estrear é o seu último traballo.


 Aí van algúns enlaces sobre o filme:



Posted by
Fernando Llor

+Info

I am not a witch

I AM NOT A WITCH  de  RUNGANO  NYOMI
ZAMBIA/ALEMAÑA/FRANCIA/R.U. 2017;  90’  V.O.S.C.          







PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO STOCKHOLM FILM FESTIVAL 2017
MENCIÓN ESPECIAL Á DIRECTORA NO MUMBAI FILM FESTIVAL 2017
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO BRITISH INDEPENDENT FILM AWARDS 2017
PREMIO AO MELLOR FILLME NO AFRICA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL (AFRIFF) 2017
PREMIO AO MELLOR FILME NO ADELAIDE FILM FESTIVAL 2017

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN E PRODUCIÓN  NOVEL NOS PREMIOS BAFTA 2018
PREMIO AO MELLOR FILME NO SARASOTA FILM FESTIVAL 2018
PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME NO OAK CLIFF FILM FESTIVAL 2018
PREMIO Á DIRECTORA NO CYPRUS FILM DAYS INTERNATIONAL FESTIVAL 2018
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO EVENING STANDARD BRITISH FILM AWARDS 2018
PREMIO ROMPENDO ONDAS, Á MELLOR DIRECCIÓN NO TITANIC INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME, NO VUES D'AFRIQUE FILM FESTIVAL 2018




SINOPSE
Tras un incidente na vila onde vive, Shula, con nove anos, é acusada de bruxería e desterrada a un "campo de bruxas", onde lle din que de intentar escapar se converterá nunha cabra branca. Terá que decidir se acepta o seu destino ou se arrisca na busca da liberdade.



RUNGANO  NYONI
Directora, guionista, produtora, actriz e montadora nada en Lusaka, Zambia no 1982. Aínda que foi criada en Gales,  para o seu debut elixe esta historia de  obediencia e sometemento coaccionado, e amosa a opresión sufrida polas mulleres no seu país natal. Ela mesma pasou máis dun mes nun campamento como os que amosa no filme en Ghana para documentar un guión que combina a denuncia social e a sátira. Este filme foi o primeiro zambiano en se presentar no Festival de Cannes, en 2017; dende aquela, segue obtendo éxitos.
Algunhas das súas curtametraxes: 20 Questions, The List (2009), Mwansa o Grande (2011), Nordic Factory,   Kuuntele (2014).
Este é o  seu último traballo.




Posted by
Fernando Llor

+Info

Bienvenida a Montparnasse

JEUNE FEMME   de  LÉONOR  SERRAILLE 
FRANCIA/BÉLXICA   2017;  97'  V.O.S.C.



                               





2017: FESTIVAL DE CANNES: CÁMARA DE OURO - MELLOR ÓPERA PRIMA
2017: FESTIVAL DE VALLADOLID - SEMINCI: MEJOR ACTRIZ -EX AEQUO- (LAETITIA DOSCH)
MENCIÓN ESPECIAL Á DIRECTORA NO ZAGREB FILM FESTIVAL 2017
PREMIO XANELA AO MELLOR FILME NO RECIFE INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017
PREMIO D'ORNANO-VALENTI, Á DIRECTORA NO  DEAUVILLE FILM FESTIVAL 2017
PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME NO CHAMPS-ÉLYSÉES FILM FESTIVAL 2017
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ REVELACIÓN, LAETITIA DOSCH, PREMIO DO XURADO MOZO Á DIRECTORA NO BRATISLAVA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017
CABALO DE BRONCE AO MELLOR FILME NO STOCKHOLM FILM FESTIVAL 2017
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ NOVEL, LAETITIA DOSCH, NOS PREMIOS  LUMIERE, FRANCE 2018
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ REVELACIÓN, LAETITIA DOSCH, DO CLUB MÉDIA CINÉ 2018


SINOPSE
Tras dez anos, remata de xeito fulminante unha relación de parella. Soa,  confundida, e cunha vaga de sentimentos encontrados, descubrirá París dende outra perspectiva. Sen un futuro claro, vivirá dun xeito que nunca pensara.


LÉONOR  SERRAILL
Directora e guionista.
Tras estudar Literatura en Lyon, París e Barcelona, marcha a París a estudar cine en  La Femis, onde se gradúa en guión no 2009.
Iníciase profesionalmente coas curtametraxes, Rivages (2011) e Tenir la nuit (2013)
Con este filme debuta na longametraxe, é tamén, o seu último traballo.

Posted by
Fernando Llor

+Info

O porto

PORTO    
(O PORTO)  de  GABE  KLINGER 
PORTUGAL/FRANCIA/POLONIA/USA  2016; 76’ V.O.S.C.








MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE BOS AIRES 2017         
MELLOR GUIÓN NO MONS INTERNATIONAL FESTIVAL OF LOVE FILMS 2017
MELLOR DIRECCIÓN NOS PREMIOS CINEUPHORIA 2018
                                                                                                                                   


SINOPSE
Dous estraños na cidade portuguesa do Porto, breve encontro que deu paso a un amor efémero do que aínda  quedan cinzas e recordo.
É tamén, unha declaración de amor ao celuloide, o cineasta  combina os formatos e as texturas que proporcionan o súper 8, os 16 mm e  os 35mm.



GABE  KLINGER 
Director, guionista, produtor, comisario e montador nado en 1982 en São Paulo, Brasil. Profesor de estudos fílmicos na Universidade de Illinois  e no Columbia College. Debuta como realizador co seu aclamado documental Double Play: James Benning and Richard Linklater (2013), co que acadou  o León de Ouro o Mellor Documental. 
Este é o seu primeiro filme de ficción e o seu último traballo.







 Aí van algúns enlaces sobre o filme:




Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger