Clara e Claire

CELLE  QUE  VOUS  CROYEZ   de   Safy   Nebbou
(CLARA E CLAIRE)
FRANCIA      2019;     101'    V.O.S.C.
  

    







SINOPSE
Baseado na novela de Camille Laurens, o filme narra a vida dunha profesora de mediana idade que inventa unha identidade para ligar nas redes sociais. Nun principio, é para espiar a un amante ocasional, pero cando coñece a un home ao que pide amizade virtual, a historia evoluciona nun falso relato amoroso.



SAFY   NEBBOU
Realizador, guionista, actor e produtor nado Baiona, Francia, en 1968. Iníciase profesionalmente como actor, sendo instruído por figuras de prestixio como Tsilla Chelton, Bryan Divers e Jean- Marie Broucaret. Traballou oito anos no Théâtre des Chimères en obras de autores tan diversos como Grumberg, Topor, Chéjov, Molière ou Valle- Inclán. Posteriormente chegou a ser profesor de teatro ao tempo que director teatral, levando a escena máis de trinta obras entre 1989 e 1998. Ten escrito e dirixido numerosas curtametraxes aclamadas internacionalmente antes do seu debut na longametraxe con O pescozo da xirafa (2004). A marca do anxo (2008),  é a súa segunda película. En febreiro de 2011 estrea en Francia o filme, O outro Dumas, onde Gérard Depardieu interpreta ó escritor dos Tres mosqueteiros.  Comme un home (2012), Dans les forêts de Sibérie (2016), e a curtamentraxe,  Ensemble, c'est possible! (2017), foron os seguintes traballos.
Este é o seu último traballo como director.





 Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Perdidos en París


PARIS PIEDS NUS de FIONA GORDON e DOMINIQUE ABEL   
(PERDIDOS EN  PARÍS)  
FRANCIA/BÉLXICA     2016;     83'    V.O.S.C.



                            

       







2016: PREMIO Á DIRECCIÓN NO DENVER INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2016: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO MILL VALLEY FILM FESTIVAL
2018: PREMIO Á MELLOR MONTAXE NOS PREMIOS MAGRITTE DE BÉLXICA





SINOPSE
Unha bibliotecaria canadense chega a París para axudar a súa tía e impedir así, que sexa  internada nunha residencia de anciáns. As cousas mudan de xeito inesperado, ela perde a súa equipaxe e a súa tía, non aparece!! É o inicio dunha cadea de enredos.




FIONA GORDON e DOMINIQUE ABEL
                                     

Guionistas,  actores e realizadores nados no 1957.
Fiona Gordon nada en Australia e criada en Canadá. Coñece  en París ó  belga Dominique Abel, co  que inicia unha carreira profesional a tempo completo: son parella, fan teatro e cine. Xuntos escriben, dirixen e protagonizan esta comedia dinámica, chea  de cores saturadas na que encadean unha serie de gags físicos, notoriamente inspirada no singular arte de Jacques Tati.
Na década dos 80 se instalaron nunha antiga fábrica reconvertida de Bruxelas e fundaron a compañía teatral Courage mon amour, coa que organizaron catro espectáculos que deron a volta ao mundo. Influenciados polo circo poético e o teatro xestual, o seu tema favorito é a torpeza dos  seres humáns. Nos anos 90, inícianse no cine, primeiro como actores na curtametraxe A boneca (1992), e  posteriormente protagonizaron e co-dirixiron, Merci cupidon (1994), Rosita ( 2000), e Camiñando no lado salvaxe (2000).
Debutan na longametraxe con  O iceberg (2005). Logo viñeron: Rumba (2005), e  A fada (2011).
O seu último traballo é a curtametraxe The tent (2017).


Posted by
Fernando Llor

+Info

Familia mergullada

FAMILIA   SUMERGIDA    de   MARÍA   ALCHÉ
(FAMILIA  MERGULLADA)
ARXENTINA     2018;     91'    V.O.








    

2018: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO HORIZONTES
2018: PREMIOS SUR: MELLOR ACTRIZ (MERCEDES MORÁN)
2019: PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á MELLOR FOTOGRAFÍA NO  MONTCLAIR  FILM  FESTIVAL (MFF)





SINOPSE
Tras a morte da a súa irmán, unha muller deambula perdida na a súa propia casa; as conexións coa súa contorna  familiar tamén están dislocadas.  A chegada dun mozo amigo da filla fai que ela vaia animándose a saír e compartir conversas e paseos, tamén cos  parentes doutra dimensión.




MARÍA   ALCHÉ
Guionista,  fotógrafa, produtora, actriz e realizadora nada en 1983, en Bos Aires.  Estuda Dirección Cinematográfica na Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica  (ENERC), de Bos Aires, graduándose en 2010. Na a súa carreira  como actriz se destacan  A nena santa, Trátame ben, e  Casei cun boludo. Como guionista e directora, realizou algunhas curtametraxes, Noelia (2012), Gulliver  (2015),  que foron seleccioadas en prestixiosos festivais ao longo do mundo. Dende 2015  é  profesora de Dirección de Actores na  ENERC. Debuta na  longametraxe con este filme, é tamén o seu último traballo.






Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Ray & Liz

RAY  &  LIZ     de    RICHARD   BILLINGHAM  
     (RAY & LIZ)
      R.U.      2018;     107'    V.O.S.C.











MELLOR FOTOGRAFÍA, MELLOR ACTRIZ (ELLA SMTIH), E PREMIO SIGNIS, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE  BOS AIRES 2019
PREMIO AO MELLOR FILME NO VILNIUS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
GRAN PREMIO DO XURADO NO LUXEMBOURG CITY FILM FESTIVAL 2019
MELLOR DIRECTOR E PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO LISBON & ESTORIL FILM FESTIVAL 2018
GRAN PREMIO Á EXPERIMENTACIÓN PARA O DIRECTOR, NO MONTRÉAL FESTIVAL OF NEW CINEMA 2018
PREMIO GOLDEN ALEXANDER AO DIRECTOR NO THESSALONIKI FILM FESTIVAL 2018
2018: PREMIOS DO CINE INDEPENDENTE BRITÁNICO: MELLOR DIRECTOR NOVEL E NOVO PRODUCTOR
2018: FESTIVAL DE LOCARNO: MENCIÓN ESPECIAL
2018: FESTIVAL DE SEVILLA: PREMIO ESPECIAL DO XURADO




SINOPSE
Na periferia de Birmingham, a familia Billingham  leva a cabo rituais rachando prexuízos nunha vida determinada por factores que fuxen ao seu control. Baseado nas memorias do fotógrafo e director Richard Billingham, o filme retrata aos seus pais  e  o impacto que  supuxeron na a súa vida e a o de seu irmán pequeno Jason.



RICHARD   BILLINGHAM 
Artista, realizador, guionista e fotógrafo nado Birmingham en 1970.  Entre o documental e a ficción, entre o heroico e o traxicómico, aborda estereotipos sociais e psicolóxicos propios da clase obreira británica, sendo considerado un dos máximos expoñentes dos YBAs (Young British Artists). Cando tiña 10 anos, despediron ao seu pai da fábrica, e xa non traballou máis. Agotado o subsidio de desemprego, a familia vende a casa na que residían para trasladarse a un piso de protección oficial, é cando el atopa refuxio no debuxo, onde descobre un talento natural para pintar paisaxes, vehículos e animais. Con dificultades, estuda Belas Artes na Universidade de Sunderland. No 1994 fai a súa  primeira exposición colectiva, Who’s Looking at the Family, na Barbican Art Gallery de Londres, e no ano seguinte a primeira exposición individual na galería londinense de quen aínda hoxe é o seu marchante, Anthony Reynolds, e que o puxo na órbita do coleccionista Charles Saatchi, que o inclúe na exposición Sensation, na que 42 creadores cautivaron a escena artística coa súa vitalidade e creatividade e foron bautizados baixo o nome xenérico de YBAs (Young British Artists).
Esta é a súa primeira longametraxe e o seu último traballo no cine. Da clases de fotografía na Universidade de Gloucestershire  e na de  Middlesex.





 Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger