Bomb City

BOMB  CITY    de    Jameson  Brooks
(BOMB CITY)
USA      2017;     95'    V.O.S.C.











LOUISVILLE'S INTERNATIONAL FESTIVAL OF FILM 2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR PRODUCIÓN, E MELLOR ACTOR, DAVE DAVIS
NASHVILLE FILM FESTIVAL 2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR, MELLOR PRODUCIÓN, MELLOR ACTOR, DAVE DAVIS, PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR ACTOR , DAVE DAVIS
TALLGRASS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECTOR E MELLOR PRODUCIÓN
BENDFILM FESTIVAL 2017: PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN E PRODUCIÓN.
DALLAS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017: PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR GUIÓN
FESTIVAL OF TOLERANCE 2018: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR PRODUCIÓN
L.A. PUNK FILM FESTIVAL 2018: PREMIO MELLOR PRODUCIÓN E MELLOR FILME
NEW MEXICO FILM CRITICS 2018: PREMIO HONORARIO U.S. ROUTE 66








SINOPSE

Baseado en feitos reais, o filme está ambientado nos anos 90 en Amarillo, Texas; alí un mozo punk, coñecido pola súa  cresta verde, organiza concertos cos seus amigos nun lugar ruínoso coñecido como Bomb City, onde os habituais tratan de afastarse da cultura conservadora que os rodea.






JAMESON  BROOKS

Guionista, produtor, montador, fotógrafo e  realizador orixinario de Amarillo, Texas. É adicto ao BMX e ao monopatín. Iníciase no cine coas aclamadas curtametraxes Behold the Noose (2014) e Devil Has My Ear (2012), premiada cun Emmy. É co-fundador de 3rd Identity, unha produtora colaborativa con sede en Dallas.

Debuta na longametraxe con este filme. É tamén o seu último traballo como director.






Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Posted by
Fernando Llor

+Info

Deixame caír



LOF  MÉR  AР FALLA   de   Baldvin  Zophoníasson
(DEIXAME  CAÍR)
ISLANDIA      2018;     136' 









 
SINOPSE
A vida da moza Magnea muda cando coñece a Stella que, a deixa fascinada. Ela, que fora unha estudante brilante e deportista, deixa atrás toda unha contorna acomodada ante o carisma arroiador, a personalidade e o xeito pouco convencional de vivir de Stella.



BALDVIN ZOPHONÍASSON
Guionista, produtor e realizador Islandés. Inicia a súa traxectoria con once anos, cando realiza a súa primeira curtametraxe. Dende entón, ven trabajando como editor, cámara, e produtor para unha das maiores cadeas de televisión de Islandia, así como director de vídeos musicais. Tamén estudiou cine documental en Noruega. En 2003, fundou unha axencia de publicidade e continua especializándose no vídeo musical. A súa ópera prima, Jitters, foi un gran éxito internacional en reputados festivais.
Entre 2010 e 2012, dirixe e produce a “sitcom” (comedia de situación) islandesa Hae Gosi. Pouco despois dirixe Life in a Fishbowl, outro gran éxito que foi elexido por Islandia para a súa representación nos Oscars de 2014
O seu último traballo e a dirección e producción da serie The Trip, para a televisión.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Clara e Claire

CELLE  QUE  VOUS  CROYEZ   de   Safy   Nebbou
(CLARA E CLAIRE)
FRANCIA      2019;     101'    V.O.S.C.
  

    







SINOPSE
Baseado na novela de Camille Laurens, o filme narra a vida dunha profesora de mediana idade que inventa unha identidade para ligar nas redes sociais. Nun principio, é para espiar a un amante ocasional, pero cando coñece a un home ao que pide amizade virtual, a historia evoluciona nun falso relato amoroso.



SAFY   NEBBOU
Realizador, guionista, actor e produtor nado Baiona, Francia, en 1968. Iníciase profesionalmente como actor, sendo instruído por figuras de prestixio como Tsilla Chelton, Bryan Divers e Jean- Marie Broucaret. Traballou oito anos no Théâtre des Chimères en obras de autores tan diversos como Grumberg, Topor, Chéjov, Molière ou Valle- Inclán. Posteriormente chegou a ser profesor de teatro ao tempo que director teatral, levando a escena máis de trinta obras entre 1989 e 1998. Ten escrito e dirixido numerosas curtametraxes aclamadas internacionalmente antes do seu debut na longametraxe con O pescozo da xirafa (2004). A marca do anxo (2008),  é a súa segunda película. En febreiro de 2011 estrea en Francia o filme, O outro Dumas, onde Gérard Depardieu interpreta ó escritor dos Tres mosqueteiros.  Comme un home (2012), Dans les forêts de Sibérie (2016), e a curtamentraxe,  Ensemble, c'est possible! (2017), foron os seguintes traballos.
Este é o seu último traballo como director.





 Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Perdidos en París


PARIS PIEDS NUS de FIONA GORDON e DOMINIQUE ABEL   
(PERDIDOS EN  PARÍS)  
FRANCIA/BÉLXICA     2016;     83'    V.O.S.C.



                            

       







2016: PREMIO Á DIRECCIÓN NO DENVER INTERNATIONAL FILM FESTIVAL
2016: PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO MILL VALLEY FILM FESTIVAL
2018: PREMIO Á MELLOR MONTAXE NOS PREMIOS MAGRITTE DE BÉLXICA





SINOPSE
Unha bibliotecaria canadense chega a París para axudar a súa tía e impedir así, que sexa  internada nunha residencia de anciáns. As cousas mudan de xeito inesperado, ela perde a súa equipaxe e a súa tía, non aparece!! É o inicio dunha cadea de enredos.




FIONA GORDON e DOMINIQUE ABEL
                                     

Guionistas,  actores e realizadores nados no 1957.
Fiona Gordon nada en Australia e criada en Canadá. Coñece  en París ó  belga Dominique Abel, co  que inicia unha carreira profesional a tempo completo: son parella, fan teatro e cine. Xuntos escriben, dirixen e protagonizan esta comedia dinámica, chea  de cores saturadas na que encadean unha serie de gags físicos, notoriamente inspirada no singular arte de Jacques Tati.
Na década dos 80 se instalaron nunha antiga fábrica reconvertida de Bruxelas e fundaron a compañía teatral Courage mon amour, coa que organizaron catro espectáculos que deron a volta ao mundo. Influenciados polo circo poético e o teatro xestual, o seu tema favorito é a torpeza dos  seres humáns. Nos anos 90, inícianse no cine, primeiro como actores na curtametraxe A boneca (1992), e  posteriormente protagonizaron e co-dirixiron, Merci cupidon (1994), Rosita ( 2000), e Camiñando no lado salvaxe (2000).
Debutan na longametraxe con  O iceberg (2005). Logo viñeron: Rumba (2005), e  A fada (2011).
O seu último traballo é a curtametraxe The tent (2017).


Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger