Dereitos do Home

    DERECHOS  DEL  HOMBRE
    (Dereitos do home)

    Juan Rodrigañez (España, 2018) 75 min. / VOE



Unha excéntrica compañía de circo ergue a súa  carpa na periferia dunha pequena vila da meseta castelá coa intención de rematar o seu novo espectáculo, Dereitos do home. Unha función a medio camiño entre o revolucionario, o utópico, e o necesario, aínda que as veces non pode fuxir do máis mundano.



JUAN  RODRIGÁÑEZ

Realizador, actor, guionista e produtor nado en Madrid no 1971. É un auténtico francotirador do cine español, quen de perpetrar obras á marxe de todo e de todos. Antes de rematar os seus estudos de Historia, estuda un ano cine. Dirixe tamén, a galería de arte “A verde oliva” en Granada, e coedita “Vera. Revista de poesía”. No 2008, crea a produtora cinematográfica “Tajo Abajo”, e no  2013 funda cun grupo de coreógrafos e  performers o Instituto de Arte Analfabeto, a través do cal produce e dirixe a súa primeira longametraxe Der Geldkomplex (O complexo de cartos).
Este é o seu último traballo.


Posted by
Cineclube Lumière

+Info

O Lago do Ganso Salvaxe



NAN  FANG  CHE  ZHAN  DE  JU  HUI
(O lago do ganso salvaxe)
Diao Yinan  (China, 2019)  117 min.    /  VOSE




Un delincuente recén saído da cadea convértese nun fuxitivo tras unha reunión de bandas que remata coa morte dun policía. Tratando de agocharse mentres van curando as feridas, atópase cunha prostituta que pode vir para axudar ou para entrégalo a cambio dunha cuantiosa suma.

RECOÑECEMENTOS

Premio ao director por un dos mellores dez filmes,  da china film critics association award 2019
Premio cámara de prata á mellor fotografía no international cinematographers' film festival manaki brothers 2019
Premio ao director por un dos mellores dez filmes, do shanghai film critics awards 2020
mellor dirección, fotografía, actriz de reparto (regina wan), produción, e efectos especiais,  no faro island film festival 2020


DIAO  YINAN

Realizador, guionista e actor chinés. Graduado no 1992 na Academia Central de Drama en China. Iníciase como guionista cos directores Shi Runjiu en All the way (2001), e Zhang Yang en Spicy Love Soup (1997), e A ducha (1999). Debuta como realizador con Uniform (2003), logo rodou  Night train (2007), estreada en Cannes. Co seguinte traballo Black Coal (2014), acada o Oso de Ouro ao mellor filme ese ano.
Este é  o seu último traballo.

Posted by
Cineclube Lumière

+Info

Filme sorpresa


Filmes de rigorosa estrea que formaron parte da programación dos mellores festivais de cine. Se unha vez iniciada a proxección alguén decide saír, poderá facelo durante os primeiros 15 minutos e devolveráselle o importe da cota pagada. 

Posted by
Feciga

+Info

A mala verdade

LA   MALA   VERDAD   de  MIGUEL  ANGEL  ROCCA 
(A    MALA   VERDADE) 
ARXENTINA     2010;     93'    V.O.

 










PREMIO AO MELLOR ACTOR, ALBERTO DE MENDOZA, FESTIVAL DE CINE DE MÁLAGA 2011






SINOPSE
Unha nena de dez anos que vive coa súa nai e o seu avo comeza a mudar a súa conduta. A súa mestra  sospeita,   e   a psicopedagoga   do centro ten unha conversa coa nena. Pouco a pouco, a verdade agochada irá saíndo á luz.




MIGUEL  ANGEL  ROCCA 
Realizador, guionista, montador e produtor nado en Bos Aires no 1967.
É tamén catedrático dos cursos de Guión I e II na Escola Profesional de Eliseo Subiela —institución da que é subdirector—.  Iníciase na dirección no 1996 coa curtametraxe Os duelistas.  Logo rodou  A beleza de Helena (1997) e  Balada do primeiro amor (1999).
É un Director que necesita tempo para elaborar os seus traballos, debuta na longametraxe cando tiña 40 anos con Arizona sur (2007), unha  comedia que dirixe con  Daniel Pensa, o mesmo socio co que comparte a produtora, nela teñen producido filmes como O lado oscuro do corazón e non mires cara abaixo.
Este é o seu último traballo;  supuxo tamén a derradeira aparición no cine do actor Alberto de Mendoza, falecido en decembro do 2011.


 Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger