SINOPSE
OS DIRECTORES
podedes ollar o tráiler en: http://www.youtube.com/watch?v=jJRb14R08p8
Baseado nas memorias de Graham Chapman, membro dos Monty Python, finado no 1989. Participan catorce estudos de animación independentes con diferentes técnicas para reconstruír a súa vida a través dun collage caleidoscópico no que realidade e ficción se superpoñen. Na historia preséntanse diferentes momentos e situacións da vida do artista: a súa infancia macabra durante a guerra; o seu paso por a Universidade de Cambridge xunto a John Cleese, futuro compañeiro; a súa evolución cara á homosexualidade, ou ao seu ocultado alcoholismo.
OS DIRECTORES
Bill Jones e Ben Timlett son probablemente o equipo creativo máis precoz da historia do cine xa que comezaron a facer pequenas curtametraxes antes de cumprir os dez anos. Medraron xuntos en Camberwell, no sur de Londres, e lograron materializar a enorme paixón por facer filmes durante a infancia na realización de centos de curtas. Con dezaoito anos Bill traballou como axudante de montaxe de Julian Doyle, Brazil, no filme do seu pai Vento nos salgueiros. Ao mesmo tempo Ben matriculábase na Universidade de Reading na especialidade de Arqueoloxía. No 1998 crean Bill and Ben Productions, unha pequena compañía especializada na montaxe de filmes. Tras anos traballando como montadores en videoclips e publicidade levantan os seus propios proxectos: Never mind the Sex Pistols, Rebel Truce ou Who Killed Nancy. Os seus traballos na ficción inclúen a comedia The West Wittering Affair e Chemical Wedding. No 2010 Bill e Ben acadan varios nomeamentos para os premios Emmy como directores e produtores da serie documental en seis capítulos de Monty Python: a versión dos avogados. Serie que pode ollarse como un punto de partida para este filme, xa que é un profundo estudo do grupo Monty Python realizado no corenta aniversario da súa creación. Agora preparan Theatre of Dreams sobre o lendario adestrador do Manchester United, Sir Matt Busby. Jeff Simpson é un produtor e director con máis de vinte anos de experiencia na BBC; especializado na realización de documentais dunha hora sobre música, TV e cultura popular. Entre os seus traballos destacan Marty Feldman: Six Degrees of Separation e Girls and Boys: a History of British Pop. Jeff tamén ten traballado como presentador televisivo, crítico de cine e ten escrito varios libros sobre música.
podedes ollar o tráiler en: http://www.youtube.com/watch?v=jJRb14R08p8
Posted by
Fernando Llor



