Jack

  JACK
(JACK)
ALEMAÑA 2014




PREMIO LOLA DE PRATA AO MELLOR FILME DO CINE ALEMÁN, 2014 
PREMIO Á MELLOR PRODUCIÓN NOS PREMIOS DO CINE BÁVARO, 2015 


SINOPSE 
Con dez anos, sabe máis da vida que moitas persoas adultas. Dende que se levanta até que se deita coida do seu irmán pequeno e xestiona a casa. A nai vive sen parella, quéreos, pero non se ocupa de nada. Tras ser ingresado nun centro social, foxe na busca da nai, pero ela está desaparecida. Empeza para os dous nenos unha auténtica odisea. 


EDWARD BERGER 
Director, guionista e produtor, nado en Wolfsburg, Alemaña, en 1970. Remata os seus estudos de dirección de cine en 1994 na NYU (Universidade de Nova York). A continuación, iníciase profesionalmente coa produtora independente dos Estados Unidos Good Machine, con filmes de Ang Lee e Todd Haynes, entre outros. Reside en Berlín dende 1997. A súa primeira longametraxe como director foi producida tras escribir un libro, Gomez. Tamén escribe e dirixe varios episodios da serie de televisión KDD - Kriminaldauerdienst. En 2012, o seu filme A good summer foi galardoado co premio Grimme. 
O seu ultimo traballo é a produción de varios episodios de Deutschland 83 unha serie para a televisión alemá.


Podedes ollar o  tráiler do filme en:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Cuestión de atitude

                                                                                            XENIA
                                                                        (CUESTIÓN DE ATITUDE)
                                                                GRECIA/FRANCIA/BÉLXICA 2014




                                     




PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE CHICAGO, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE GAY E LÉSBICO DE MILAN, 2014
PREMIOS AO MELLOR FILME, GUIÓN, MONTAXE, DIRECTOR, AOS ACTORES AGGELOS PAPADIMITRIOU, KOSTAS NIKOULI E NIKOS GELIA DA ACADEMIA DO CINE HELÉNICO, 2015




SINOPSE
Tras a morte da nai, os dous irmáns adolescentes deciden ir cara a Atenas na busca do pai, un home grego que nunca viran. Albaneses por parte de nai, os mozos son estranxeiros no seu propio país e agardan que o seu pai os recoñeza para acadar a nacionalidade grega. Asemade, teñen a promesa de participar nun concurso de canto popular que podería mudar a súa vida.


PANOS H. KOUTRAS
Director, guionista, actor e produtor nado en Atenas. Estuda na Escola de Cine de Londres e na Sorbona. Dirixe varias curtametraxes que participan nos mellores festivais de cine. En 1995, funda en Atenas unha empresa de produción 100% Synthetic Films e escribe o guión da a súa primeira longametraxe que se convertería nun filme de culto, O ataque da mousaka xigante. Logo viñeron Vida real e Strella, presentadas respectivamente en Toronto e Berlín.
Este é a súa cuarta longametraxe e o seu último traballo.



Nos seguintes enlaces podedes ollar entrevistas, tráiler e curiosidades sobre o filme:


Posted by
Fernando Llor

+Info

Villa Touma

VILLA TOUMA
(VILLA TOUMA)
PALESTINA 2014









SINOPSE 
Tres irmás de Ramala, aristocráticas e solteiras, non foron quen de asimilar a nova realidade da ocupación e a emigración en masa da aristocracia palestina. Para sobrevivir, pechan a súa mansión aferrándose á nostalxia de glorias pasadas. A chegada dunha sobriña orfa fará que todo mude. 



SUHA ARRAF 
Realizadora, guionista e produtora nada na vila de Mi’ilya, en Palestina en 1969. Acada a licenciatura en Filosofía e Literatura na Universidade de Haifa no 1990 e máis tarde fai un máster en Antropoloxía na Universidade de Tel Aviv (1994). Iníciase profesionalmente como xornalista no periódico Haaretz; dende 1997 até 2010 mantén unha intensa traxectoria como documentalista para a televisión. A noiva siria marca a súa primeira participación como guionista de longametraxes. Logo acada o Óscar polo guión de “Os limoeiros”. 
O seu último traballo é a produción da curtametraxe Ave María.

                       




Posted by
Fernando Llor

+Info

A camareira Lynn


DAS ZIMMERMÄDCHEN LYNN 
(A CAMAREIRA LYNN)
  ALEMAÑA 2014





PREMIO Á ACTRIZ VICKY KRIEPS, DO XURADO MOZO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MUNICH, 2014 

PREMIO Á MELLOR CONTRIBUCIÓN ARTÍSTICA E PREMIO FIPRESCI DA PRENSA INTERNACIONAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MONTRÉAL, 2014 


SINOPSE 

Filme baseado na novela de Markus Horts. Unha camareira obsesionada pola limpeza dedícase en corpo e alma ás tarefas domésticas que ten ao seu cargo no hotel Eden. Ten unha relación co xerente, pero o que realmente quere é coñecer os segredos dos clientes. Foza nas equipaxes e agóchase baixo as camas para escoitar o que pasa. Un día descobre a unha dominatrix que somete os clientes a prácticas sadomasoquistas. Iso mudará a súa vida. 


INGO HAEB 

Director, actor, guionista e produtor nado en 1970 en Hamburgo. 
Iníciase na dirección coa curtametraxe Derby (1999), e fai o seu debut na longametraxe no ano 2006 con Neandertal. Sohnemänner no 2011, é a segunda longametraxe. 
Este é o seu último traballo.


Podedes ollar entrevistas e tráiler do filme en:


Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger