JACK
(JACK)
ALEMAÑA 2014
(JACK)
ALEMAÑA 2014
PREMIO LOLA DE PRATA AO MELLOR FILME DO CINE ALEMÁN, 2014
PREMIO Á MELLOR PRODUCIÓN NOS PREMIOS DO CINE BÁVARO, 2015
SINOPSE
Con
dez anos, sabe máis da vida que moitas persoas adultas. Dende que se
levanta até que se deita coida do seu irmán pequeno e xestiona a casa. A
nai vive sen parella, quéreos, pero non se ocupa de nada. Tras ser
ingresado nun centro social, foxe na busca da nai, pero ela está
desaparecida. Empeza para os dous nenos unha auténtica odisea.
EDWARD BERGER
Director,
guionista e produtor, nado en Wolfsburg, Alemaña, en 1970. Remata os
seus estudos de dirección de cine en 1994 na NYU (Universidade de Nova
York). A continuación, iníciase profesionalmente coa produtora
independente dos Estados Unidos Good Machine, con filmes de Ang Lee e
Todd Haynes, entre outros. Reside en Berlín dende 1997. A súa primeira
longametraxe como director foi producida tras escribir un libro, Gomez.
Tamén escribe e dirixe varios episodios da serie de televisión KDD -
Kriminaldauerdienst. En 2012, o seu filme A good summer foi galardoado
co premio Grimme.
O seu ultimo traballo é a produción de varios episodios de Deutschland 83 unha serie para a televisión alemá.
Posted by
Fernando Llor



