Chevalier

CHEVALIER (CHEVALIER) GRECIA 2015; 99’ V.O.S.C.






PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR DIRECTORA NO FESTIVAL DE CINE DE TESALÓNICA, 2015
PREMIO AOS MELLORES ACTORES, YIORGOS KENDROS, VANGELIS MOURIKIS PANOS KORONIS , MAKIS PAPADIMITRIOU , YORGOS PIRPASSOPOULOS , SAKIS ROUVAS E MENCIÓN ESPECIAL Á DIRECTORA NO FESTIVAL DE CINE DE SARAJEVO, 2015
PREMIO AO MELLOR FIME NO FESTIVAL DE CINE DE LONDRES, 2015
PREMIO AO MELLOR GUIÓN NOS PREMIOS DE CINE DA ACADEMIA GREGA, 2016
GRAN PREMIO DO XURADO Á DIRECTORA NO FESTIVAL DE CINE DE CARTAGENA, 2016




SINOPSE


No medio do Exeo, seis homes de viaxe, de pesca, e inmersos nun xogo nun iate de luxo. Durante o xogo serán comparadas varias cousas. As cancións serán cribadas, o sangue analizado. Os amigos convertiranse en rivais. Pero ao final do día, cando o xogo remate, o home gañador acadara para o seu dedo meimiño o anel da vitoria.

ATHINA RACHEL TSANGARI


Guionista, produtora e directora nada en Atenas en 1966. Iníciase como realizadora no 1994 coa curtametraxe Fit. Debuta na longametraxe con The Slow Business of Going (2000), logo dirixe Attenberg (2010) e máis tarde realiza varios capítulos da serie Borgia para a televisión. Ten producido filmes como Canino (2009), Alps (2011), Antes do anoitecer (2013), Lustlands (2013) ou Petting Zoo (2015).
Este é o seu último traballo na dirección.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Dora, or the sexual neuroses of our parents

DORA, DER DIE SEXUELLEN NEUROSEN UNSERER ELTERN (DORA, OR THE SEXUAL NEUROSES OF OUR PARENTS) SUÍZA 2015; 90 ’ V.O.S.C.









SINOPSE


A protagonista ten unha discapacidade psíquica, vive nunha burbulla, sobreprotexida polos pais. Cando a súa nai decide deixar de medicala, ela esperta ao mundo, como saída dun profundo letargo. Descobre o seu corpo, e aspectos da vida que lle eran descoñecidos.


STINA WERENFELS


Guionista, produtora, docente, montadora e directora nada en Basilea en 1964. Pasa a súa primeira infancia entre os EE.UU, España e Grecia. Remata o seu grao en Farmacoloxía e logo estuda cine na Universidade Tisch School of the Arts, en NovaYork, onde asiste a clases con Spike Lee, Arthur Penn e Marketa Kimbrell. Alí acada un premio coa curtametraxe documental Fragments from the Lower East Side (1994), onde describe a desaparición da cultura xudÍa nos barrios de NovaYork. En 1998, de volta a Suíza, a súa obra Pastelería, dor e política, acada o Premio do Cine Suízo á mellor curtametraxe.
Debuta na longametraxe con Nachbeben (2006), estreada na Berlinale e coa que acada varios premios. Esta é a segunda longametraxe e o seu último traballo na realización.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

En corpo e alma

CIALO (EN CORPO E ALMA) POLONIA 2015; 90’ V.O.S.C.





FESTIVAL DE BERLÍN: MELLOR DIRECTOR, 2015
PREMIOS DO CINE EUROPEO: MELLOR MONTAXE, 2015
PREMIOS MELLOR ACTOR, JANUSZ GAJOS, MELLOR ACTOR NOVEL, JUSTYNA SUWALA, MELLOR SON, E MELLOR FILME NO FESTIVAL DE CINE POLACO, 2015




SINOPSE


O protagonista non é un home fácil de sorprender. Como xuíz de instrución debe analizar con precisión e investigar con detalle, pero o máis duro da súa vida e ter que enfrontarse á anorexia da súa filla, que aínda leva loito poLa súa nai.

MALGORZATA SZUMOWSKA


Guionista, produtora e directora polaca nada en 1973. O seu traballo abarca un amplo espectro, ten realizado documentais, curtametraxes e longametraxes de ficción. Galardoada con varios premios internacionais, incluíndo o Premio Teddy por Amarás ao próximo (2013), en Berlín, e o Leopardo de Prata en Locarno 2008, por 33 Scenes from Life (2008). Asemade foi nomeada nos Premios do cine Europeo no 2001 e 2005 polos seus filmes Happy Man (2000) e Stranger (2004), respectivamente; ten acadado os máis prestixiosos premios da cinematografía polaca. O seu filme Ellas (2011), protagonizada por Juliette Binoche e Anaïs Demoustier, foi estreado en máis de corenta países.
O seu último traballo na dirección é Soeurs (2016), aínda sen rematar.

Posted by
Fernando Llor

+Info

Workers


WORKERS

(WORKERS)  MÉXICO  2013;  113 ’ V.O








 





PREMIO AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LATINOAMERICANO DE BIARRITZ, 2013
PREMIO AO MELLOR FILME E MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LATINOAMERICANO DE HUELVA, 2013
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR E MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MORELIA, 2013
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA NOVO DE SPLIT, 2013




SINOPSE
Unha ancián extravagante confinada a soidade, rodeada de luxos domésticos e servintes solícitos, agarda serenamente a morte. O seu único obxecto de devoción obsesiva é a súa mascota canina chamada Princesa. Unha batalla en silencio, contra unha corporación e contra unha cadela.




JOSÉ LUIS VALLE
Director, produtor e guionista nado no Salvador, pero nacionalizado mexicano. En México estuda literatura e cine. No 2006, dirixe a curtametraxe Quimera coa que acada varios premios. No 2009, debuta na longametraxe co documental A milagre do Papa . Tras acadar o apoio do Fondo Mundial de Cine, estrea esta longametraxe de ficción na sección Panorama da Berlinale 2013, con ela é recoñecido e dáse a coñecer no panorama internacional cunha boa colleita de premios.
O seu último traballo é As buscas, con el tamén leva acadado varios premios nos festivais da Riviera Maya e Monterrey.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger